Alexander Mark David "Alex" Oxlade-Chamberlain, nado o 15 de agosto de 1993 en Portsmouth, é un futbolista inglés. Xoga de centrocampista e o seu actual club é o Liverpool FC da Premier League inglesa.
Traxectoria Oxlade-Chamberlain chegou ás categorías inferiores do Southampton F.C. con só sete anos, e fixo o seu debut coma profesional no ano 2010. O 2 de marzo de 2010 fixo o seu debut co primeiro equipo á idade de 16 anos e 199 días, saíndo do banco na vitoria do seu equipo por 5-0 contra o Huddersfield Town F.C.
O 8 de agosto de 2011, anunciouse a súa fichaxe polo Arsenal F.C. a cambio de 12 de millóns de dólares, que poderían chegar a 15 millóns en función dalgunhas variables. Fixo o seu debut co Arsenal o 28 de agosto de 2011, na derrota por 8-2 contra o Manchester United, saíndo no minuto 62 en substitución de Francis Coquelin.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en arsenal.com Alex Chamberlain Perfil en TheSaintsHub
Categoría:Nados en 1993 Categoría:Nados en Portsmouth Categoría:Futbolistas de Inglaterra Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Southampton FC Categoría:Xogadores do Arsenal FC Categoría:Xogadores do Liverpool FC Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Inglaterra Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2014 Categoría:Futbolistas gañadores da Liga de Campións da UEFA