Qantas Airways Limited é a aeroliña nacional de Australia. O nome é un acrónimo de "Queensland and Northern Territory Aerial Services", xa que orixinalmente servía Queensland e o Territorio do Norte, e ten o alcume de "The Flying Kangaroo" (o canguro voador). Ten a súa base no aeroporto de Sydney. É a aeroliña máis grande de Australia e a terceira máis antiga do mundo aínda en servizo, tras KLM e Avianca. A sede de Qantas está situada no Qantas Centre, no suburbio de Mascot en Sydney. Qantas é un dos membros fundadores da alianza de aeroliñas Oneworld.
Qantas ten varias aeroliñas filiais que operan cara centros rexionais e realizan algunhas rutas troncais en Australia baixo o nome de QantasLink. Qantas temén é propietaria de Jetstar, unha aeroliña de baixo custo que opera tantos servizos internacionais dende Australia como servizos domésticos en Australia e Nova Zelandia, e ten accións en outras aeroliñas do Grupo Jetstar.
Frota Actual En decembro de 2020 a frota de Qantas estaba formada polos seguintes avións:
+ Frota de Qantas Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Notas F J W Y TotalAirbus A330-2008——27—22425110—28—243271Airbus A330-30010——28—269297Airbus A380-8006—146435371484Van ser reformados para unha configuración de 485 asentos.Estarán almacenados ata 20236147060341485A cabina vai ser reformada. Estarán almacenados ata 2023Boeing 737-80075——12—162174Boeing 787-9113—4228166236Pedido orixinal de 8 con 15 opcións e 30 dereitos de compra.Seis máis pedidos en maio de 2018.Total1263
Notas
Categoría:Aeroliñas de Australia Categoría:Oneworld