Os insulares do estreito de Torres son os poboadores orixinarios das Illas do estreito de Torres e de parte do actual estado de Queensland. Segundo a lexislación australiana, constitúen xunto cos aborixes australianos os dous grupos de indíxenas australianos do país. O 6% dos indíxenas australianos identifícase plenamente como Insular do estreito de Torres. Outro 4% dos indíxenas australianos identifícase tendo herdanza mixta aborixe e do estreito de Torres.Aboriginal and Torres Strait Islander population, Australian Bureau of Statistics 2004. Consultado o 21 de xuño de 2007.
miniatura|Illas do estreito de Torres Poboación Hai preto de 6.000 Insulares do estreito que viven nas Illas do estreito de Torres, e outros 42.000 que viven fóra delas, maioritariamente no norte de Queensland, destacando as localidades de Townsville e Cairns.
Cultura Os insulares do estreito de Torres posúen unha herdanza cultural e historia distinta das tradicións aborixes. Os que viven na área leste do Estreito de Torres, están relacionados cos pobos de Papúa-Nova Guinea, e falan unha lingua papúa. Así pois, non son xeralmente incluídos baixo a denominación "aborixes australianos". Este foi outro factor para a promoción do máis inclusivo termo "indíxenas australianos".
Linguas
Os indíxenas de Torres falan dúas linguas autóctonas. Os da parte central e occidental falan linguas do grupo pama-nyunganas (kalaw lagaw ya, kalau kawau ya, kulkalgau ya e kawalgau ya), mentres que os da parte oriental falan a lingua meriam mìr, do grupo de linguas papúas.
Insulares do estreito destacábeis Eddie Mabo Christine Anu Seaman Dan Wendell Sailor Sam Thaiday Brent Webb Robert Lui Michael Bani Albert Proud
Notas
Véxase tamén Outros artigos Aborixes australianos Bandeira dos insulares do estreito de Torres Illas do estreito de Torres Papúa-Nova Guinea
Ligazóns externas Torres Strait Regional Authority Church of Torres Strait Aboriginal and Torres Strait Islanders' virtual books Aboriginal and Torres Strait Islander Social Justice Commissioner, Social Justice Reports 1994-2009 e Native Title Reports 1994-2009
Categoría:Pobos indíxenas de Australia Categoría:Antropoloxía