1768 (MDCCLXVIII) foi un ano bisesto comezado en venres segundo o calendario gregoriano.
Acontecementos Xullo - Francia mércalle á República de Xénova os dereitos sobre Córsega, unha illa que a día de hoxe segue a manter notables aspiracións independentistas, pese ao marcado carácter centralista e unitario do estado francés.
Nacementos 7 de xaneiro - Xosé I de España. 28 de xaneiro - Frederico VI de Dinamarca. 21 de marzo - Jean-Baptiste Joseph Fourier, matemático e físico francés. 4 de setembro - François-René de Chateaubriand, diplomático, político e escritor francés. 18 de novembro - Zacharias Werner, escritor e predicador alemán (m. 1823).
Mortes 18 de marzo - Laurence Sterne, escritor británico (n. 1713). 19 de abril - Giovanni Antonio Canal, pintor italiano. 8 de xuño - Johann Joachim Winckelmann, arqueólogo alemán. 18 de xuño - Giovanni Domenico Ferretti, pintor italiano.
Véxase tamén Outros artigos Historia ano a ano
Categoría:1768