Bicentennial Man é un filme estadounidense dirixido por Chris Columbus que se estreou en 1999. Está baseada na novela The Positronic Man, co-escrita por Isaac Asimov e Robert Silverberg, que á súa vez está baseada na novela orixinal de Asimov The Bicentennial Man.
Sinopse Na primeira década do novo milenio, con avances tecnolóxicos que converten ó mundo nun lugar máis frío e deshumanizado, Richard Martin (Sam Neill) merca un agasallo á súa familia, un novo robot NDR-114. O fillo máis pequeno da familia ponlle de nome Andrew (Robin Williams). Andrew é adquirido como un electrodoméstico caseiro programado para realizar tarefas menores. A medida que Andrew comeza a experimentar emocións e pensamentos creativos, a familia Martin descobre axiña que non ten un robot común e corrente.
Personaxes Robin Williams como Andrew Martin Embeth Davidtz como 'Little Miss' Amanda Martin/Portia Charney Hallie Kate Eisenberg como Amanda, con 7 anos Sam Neill como 'Sir' Richard Martin Oliver Platt como Rupert Burns Kiersten Warren como Galatea Wendy Crewson como 'Ma´am' Rachel Martin Angela Landis como 'Miss' Grace Martin Lindze Letherman como Grace, con 9 anos John Michael Higgins como Bill Feingold Bradley Whitford como Lloyd Charney Igor Hiller como Lloyd Charney con 10 anos Joe Bellan como Robot Delivery Man Brett Wagner como Robot Delivery Man Stephen Root como Dennis Mansky Lynne Thigpen como O segundo presidente
Galardóns e nomeamentos 1999: Nomeado ó Oscar: Mellor maquillaxe. 1999: Nomeada ós Premios Razzie: Peor actor (Robin Williams).
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity
Categoría:Filmes de 1999 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Chris Columbus Categoría:Filmes con bandas sonoras de James Horner Categoría:Filmes de Touchstone Pictures Categoría:Filmes de Columbia Pictures Categoría:Filmes de 1492 Pictures Categoría:Filmes sobre temas médicos Categoría:Filmes ambientados en 2005 Categoría:Filmes ambientados en 2048 Categoría:Filmes ambientados no futuro Categoría:Filmes ambientados en Washington, D.C. Categoría:Filmes sobre a morte Categoría:Filmes sobre a escravitude