Damasco () é a capital de Siria e a segunda meirande cidade do país despois de Alepo. En Siria é coñecida comunmente como ash-Shām e é alcumada a Cidade de Xasmín (en Madīnat al-Yāsmīn). É unha das cidades habitadas con continuidade máis antigas do mundo, alén do maior centro cultural e relixioso do Levante mediterráneo. Segundo estimacións de 2009, tiña unha poboación de 1 711 000 habitantes.

Localizada no suroeste de Siria, Damasco é o centro dunha grande área metropolitana de 2,6 millóns de persoas (2004).Central Bureau of Statistics Syria Syria census 2004 Xeograficamente situada ó pé da Cordilleira do Antilíbano, está a 80 km da costa do mar Mediterráneo, nunha chaira 680 metros por enriba do nivel do mar. Damasco ten un clima semi-árido por mor do efecto de sombra orográfica. O río Barada flúe a través de Damasco.

Segundo o Novo Testamento, San Paulo tivo unha visión de Xesús no camiño a Damasco, polo cal a cidade considérase sacra tanto no cristianismo como no islam. Entre os seus atractivos turísticos sobresae a tumba de Saladino, o soado defensor da Terra Santa durante a época das cruzadas.

Historia A zona na que se asenta a capital de Siria é unha nas que se teñen datado evidencias de asentamentos humanos estábeis máis antigos, en torno ao 9000 a.C., na conca do río Barada.

Non obstante, a Tamsqu mencionada en textos exipcios a partir do século XV a.C. no territorio en disputa entre aqueles e os hicsos e hititas, non era un asentamento protexido nun alto (tell) senón unha poboación agrícola da fértil chaira á beira do Barada (o oasis Ghouta). E non foi ata despois da desfeita dos pobos do mar (arredor do 1200 aC), cando poboacións arameas comezaron a asentárense na zona iniciando a construción de sistemas de regadío, que Damasco emerxeu coma un verdadeiro asentamento urbano, un novo centro de poder da rexión <ref>[http://www.persee.fr/web/revues/home/prescript/article/syria_0039-7946_1994_num_71_1_7368# "Damas antique", Ernest Will]</ref>.

Capital de Aram O reino arameo de Damasco acadou o seu cénit no século IX aC e, aínda que as evidencias arqueolóxicas son case que inexistentes (non se ten escavado ese nivel polas evidentes dificultades coa cidade actual enriba), semella que un primitivo santuario, co templo dedicado ao deus arameo da chuvia e a fertilidade, Hadad, dominaba a capital no lugar que, despois e ata hoxe coa Gran Mesquita, mantívose coma corazón sagrado da cidade Planta de restitución do Templo de Hadad no recinto da actual Gran Mesquita de Damasco . Arrodeada de murallas e ao sur do Barada (metade occidental da cidade histórica medieval), unha rúa percorría de leste a oeste a vila (ou segundo outra hipótese a limitaba polo sur) entre as dúas portas da ruta principal (Alepo e Fenicia respectivamente) na que a cidade atopábase. Tamén un pazo real se situaría nas inmediacións de santuario e rúa Ibídem nota 1, páx.20: Planta hipotética da primitiva Damasco aramea (metade oeste) na posterior cidade clásica .

miniatura|dereita|320px|Gran Mesquita de Damasco. O plano helenístico da cidade romana No final do século VIII a.C. Damasco comezou a seres dominada polos asirios e perdeu toda relevancia pasando sucesivamente nos séculos seguintes a poder do imperio neobabilonio e dos persas aqueménidas. miniatura|160px|Restos do porticado recinto exterior (peribolos) do Templo de Xúpiter.

En 332 a.C. foi conquistada por Alexandre Magno pero as loitas entre os sucesores (tolomeos e seléucidas) non permitiron a recuperación da estabilidade ata o comezo do século I aC, cando Damasco (onde se asentaron colonias de gregos, xudeus e nabateos) foi obxecto dun plan de ampliación ao leste da antiga vila aramea e segundo os principios ortogonais hipodámicos, cun ágora coma espazo principal e a extensión da antiga rúa leste-oeste ata os novos límites da cidade (1.300m, Rúa Dereita da cidade medieval). Outra rúa máis curta, paralela polo norte, comunicaba o antigo santuario e o ágora Ib. nota 1, páx.30: Planta hipotética da ampliación helenística. Recibiu por breve tempo o nome de Demetrias, epónimo do seu gobernante e impulsor.

A conquista romana no ano 64 a.C. fixo que a posta en funcionamento do plano, e mesmo a súa ampliación, fora tarefa dos novos ocupantes (semella que fundamentalmente xa en época imperial). Un organismo rectangular de máis de 100Ha con murallas e sete portas Ib. nota 1, páx.31: reconstrución da planta de Damasco na época romana, rúas porticadas, teatro (na rúa Dereita ou Via Recta, agora decumanus máximus), ximnasio e o gran santuario reconstruído cun vasto dobre recinto (270x315m) encerrando o novo templo de Xúpiter en estilo clásico Reconstrución da planta do Templo de Xúpiter Damasceno; J.Sauvaget, páx 316: Templo (A) no "temenos" ou recinto interior, e recinto exterior ou "peribolos" . Seica un castrum protexía o ángulo noroeste de murallas. Os romanos tamén ampliaron a rede de canles do oasis para o abastecemento de augas da vila (mesmo construíron un acueduto). Damasco era un próspero centro caravaneiro das rutas entre oriente (Palmira e a Ruta da Seda), o sur (Petra, Arabia) e occidente (o Imperio Romano).

A promoción do cristianismo a relixión oficial do imperio (380) comportou a reconversión dos templos en igrexas e así no canto do Templo de Xúpiter foi erixida a Basílica de San Xoán Bautista (xa bizantina trala división do imperio en 395 Ib. nota 1, páx15: Planta de Damasco na época bizantina coa situación das igrexas cristiás.). O barrio cristián de Damasco, Bab Touma (esquina NE do recinto amurallado), foi escenario e berce de sinalados persoeiros da nova fe (apóstolos Tomé e Paulo ademais dalgúns papas).

Capital do Imperio Omeia miniatura|250px|A Gran Mesquita na cidade antiga (dende o NO) Os árabes conquistaron a cidade en 636. Se nun principio ambas confesións (cristiáns e musulmáns) compartiron o recinto sacro, dende 661 cando Damasco foi convertida en capital dos omeias, o temenos pasa a ser exclusivamente musulmán (cunha primitiva mesquita co mihrab dos "Compañeiros do Profeta" Recreación do temenos sacro no principio do califato omeia: (1) Basílica de S. Xoán, (2) primitiva mesquita, (3) primitivo Pazo Califal acaroado ao temenos ) e no 705 o califa Al-Walid decide a construción dunha gran mesquita, seica reutilizando moitos materiais da basílica bizantina (que á súa vez xa reutilizara os do Templo de Xúpiter Planta da Gran Mesquita dos omeias embaixo da hipotética da Basílica bizantina de S. Xoán ). Por iso a gran singularidade dun dos máis espléndidos espazos arquitectónicos do tempo (Interior da Mesquita Omeia fundacional coa Cúpula da Rocha de Xerusalén da arquitectura islámica).

O califato omeia non durou apenas un século e no 750 os abásidas saquearon os seus pazos e demoleron as antigas murallas romanas. A capital do imperio musulmán foi trasladada a Bagdad e Damasco caeu nun período de declive.

Renacemento medieval Durante tres séculos e medio a cidade sufriu unha permanente inestabilidade con cambios de poder entre diferentes faccións e dinastías musulmás. O antigo trazado regular hipodámico foise transformando paulatinamente nunha trama orgánica típica do urbanismo islámico Ibídem nota 7, páx.342: Planta esquemática da metade oriental da cidade mostrando a transformación da trama viaria de regular a islámica ; nótese o espazo da ágora-foro (N) xa ocupado.. O ágora-foro e o recinto exterior (peribolos) da Gran Mesquita tamén serán subsumidos no tecido urbano (no noroeste conservarase coma parte do zoco al-Hamadeyya, ver imaxe enriba). Soamente a Rúa Dereita se mantén coma eixo vertebral da cidade medieval . miniatura|230px|Planta esquemática moderna da cidade medieval amurallada. No século XII, baixo os turcos seliúcidas, Damasco experimentou un renacemento económico da man dunha crecente importancia relixiosa. Construíronse hospitais e madrasas e as murallas, que xa empezaran a seres reconstruídas e reforzadas nos séculos X e XI, o foron novamente cun trazado algo máis amplo e irregular que o romano (135 Ha). Na esquina noroeste (onde situábase o castrum) os seliúcidas comezaron a erección dunha cidadela que foi reorganizada e reforzada nos séculos seguintes coma residencia dos sucesivos gobernantes Planta da Cidadela seliúcida (s.XII) sobor do perfil da ayubita e mameluca (s.XIII)Páxina sobor da Cidadela de Damasco con planta detallada e xeral da cidade medieval .

Así no século XIII, despois dos gobernos de Nur al-Din e Saladino xa baixo os aiúbidas, Damasco volveu a seres un centro para o mundo islámico, desta vez coma bastión relixioso en plena época das cruzadas, acollendo estudosos e fieis de todo o imperio. A cidade comezou a estenderse fóra de murallas. A dous quilómetros ao noroeste desenvolveuse a pé dos montes Qasyun o arrabalde de Salihiyya (con refuxiados de familias podentes da Xerusalén ocupada polos cruzados). Case que unha cidade de seu, erixíronse gran número de madrasas. Ao sur, na ruta de Xerusalén e A Meca, outro arrabalde comeza a formarse. Ámbolos dous novos eixos van marcares o desenvolvemento futuro da cidadeEsquema do desenvolvemento de Damasco ao comezo do s.XIII co arrabalde de Salihiyya ao NO .

Damasco otomá Durante a época mameluca e sobre todo a otomán (dende 1516) Damasco estendeuse cara a Salihiyya e principalmente ao suroeste co barrio de al-Midan (Maydan), na ruta das peregrinacións cara A Meca Planta esquemática do desenvolvemento de Damasco durante os períodos aiúbida, mameluco e otomán; "The urban development of Damascus..." Z. Lababedi, pdf (2,6Mb) páx. 24 . Coma principal centro das caravanas en peregrinación, son erixidos numerosos caravansares (khan). A antiga cidade (cuxas murallas desaparecen por innecesarias no século XVII) enriquécese con novas mesquitas, mausoleos e pazos.

Xa no século XIX, os otománs crean un novo centro administrativo ao oeste da Cidadela Mapa do centro otomán de Damasco nunha planta de 1912, cun pazo de goberno (Serrallo e praza sobor do Barada parcialmente soterrado, 1833) e cuarteis militares e no final do seu goberno, na segunda metade do século comezan un plan de saneamento e modernización da cidade. Novos servizos e infraestruturas (ferrocarril en 1894) e un intento de planificar a expansión da urbe.

Damasco vaise estender definitivamente á beira norte do Barada (pola boa provisión de auga dos canais do oasis Ghouta), pero nos comezos do século XX aínda dunha maneira maiormente desordenada .

Mandato francés: Plan Xeral de expansión O primeiro plan urbanístico propiamente dito foi o de 1935. Os redactores (Danger-Ecochard) deseñaron unha ampliación á europea, cunha preocupación especial polo tráfico rodado Plan Danger-Ecochard para Damasco, 1935: arterias principais; ib. nota 18, páx. 35, pero evitando a relación coa antiga cidade histórica que, coma gueto árabe, restaba un tanto illada (unicamente actuacións hixienistas e a reconstrución do bombardeado sector ao sur da Cidadela na revolta de 1925, que foi regularizado cunha cuadrícula arredor da praza Al-Hariqah) Plan Danger-Ecochard: centro da cidade; ib. nota 18, páx. 36Mapa contemporáneo de Damasco coa posta en funcionamento das liñas directrices do plan do ano 35 .

Capital siria Dende a independencia en 1946 e coma capital da República Siria, Damasco converteuse nunha metrópole (de 423.000h en 1955 aos máis de tres millóns actuais na área metropolitana do Ghouta Esquema do desenvolvemento de Damasco 1938-1960-1994) con todas as características e problemáticas das do terceiro mundo (proliferación de asentamentos deficitarios ilegais -moitos de refuxiados- Ib. nota 18, páxinas 49 e seguintes, ecoloxía do oasis, conservación do patrimonio da humanidade na cidade histórica) asemade co contexto da difícil situación política actual Foto satelital da área metropolitana de Damasco coa previsión das liñas de metro .

Xeografía