María Jesús Lampreave, nada en Madrid o 11 de decembro de 1930 e finada en Almería o 4 de abril de 2016,Muere Chus Lampreave, rostro emblemático del cine español foi unha actriz española.
Traxectoria Aínda que nunca tivo vocación de actriz, converteuse nunha das máis recoñecidas e apreciadas do cine español. Participou en máis de cincuenta películas e numerosos traballos en televisión, colaborando cos máis importantes directores do Estado.
Tras cursar o bacharelato e movida pola súa gran paixón pola pintura, ingresou na Academia de Belas Artes de San Fernando e por medio de Jaime de Armiñán, en 1958, Chus fai o seu debut como actriz na televisión. Os seus comezos no cine foron da man de Marco Ferreri e Luis García Berlanga, con quen traballou despois en películas tan emblemáticas como El verdugo e na triloxía Nacional.
Mais os seus maiores éxitos serían na década de 1980 e da man do director Pedro Almodóvar, co que roda Entre tinieblas (1983), ¿Qué he hecho yo para merecer esto? (1984) e Matador (1986). Con el colaborou en cinco películas máis, incluíndo Hable con ella (2002) e Volver (2006). É a única actriz que traballou co manchego con regularidade en toda a súa filmografía.
Con Fernando Trueba actúa, en 1986, en El año de las luces, nun papel que supón a primeira das súas cinco candidaturas ao Premio Goya. Especializada en personaxes inxenuos ou despistados, adquire maior protagonismo en Espérame en el cielo (Antonio Mercero, 1988). Con Trueba volve a colaborar en Belle Époque (1992), filme gañador do Oscar á mellor película de fala non inglesa e pola que Chus obtivo o Goya á mellor actriz secundaria.
Filmografía Ano Película Director 1958 El pisito Marco Ferreri1960 El cochecito Marco Ferreri1963 El verdugo Luis García Berlanga1971 Mi querida señorita Jaime de Armiñan1977 La escopeta nacional Luis García Berlanga1980 Patrimonio nacional Luis García Berlanga1980 Pepi, Luci, Bom y otras chicas del montón Pedro Almodóvar1982 Laberinto de pasiones Pedro Almodóvar1982 Nacional III Luis García Berlanga1984 Entre tinieblas Pedro Almodóvar1984 ¿Qué he hecho yo para merecer esto? Pedro Almodóvar1985 Matador Pedro Almodóvar1985 Sé infiel y no mires con quién Fernando Trueba1985 Lulú de noche Emilio Martínez Lázaro1986 El año de las luces Fernando Trueba1987 La vida alegre Fernando Colomo1987 Moros y cristianos Luis García Berlanga1988 Espérame en el cielo Antonio Mercero1988 Mujeres al borde de un ataque de nervios Pedro Almodóvar1988 Amanece, que no es poco José Luis Cuerda1988 Bajarse al moro Fernando Colomo1992 Belle Époque Fernando Trueba 1992 Supernova Juan Miñón 1995 Siete mil días juntos Fernando Fernán Gómez1995 Así en el cielo como en la tierra José Luis Cuerda1995 La flor de mi secreto Pedro Almodóvar 1998 Torrente, el brazo tonto de la ley Santiago Segura2002 El florido pensil Juan José Porto2002 Hable con ella Pedro Almodóvar2004 Di que sí Juan Calvo2006 Volver Pedro Almodóvar2008 Fuera de carta Nacho G. Velilla2009 Los abrazos rotos Pedro Almodóvar
Televisión Fenómenos (2012-2013) Hermanas (1998) Lo + Plus (1997)
Premios e candidaturas Festival Internacional de Cine de Cannes Ano Categoría Película Resultado2006Mellor actriz (en conxunto co resto de actrices)VolverGañadora
Premios Goya Ano Categoría Película Resultado1995Mellor interpretación feminina secundariaLa flor de mi secretoCandidata1992Mellor interpretación feminina secundariaBelle ÉpoqueGañadora1989Mellor interpretación feminina secundariaBajarse al moroCandidata1988Mellor interpretación feminina secundariaEspérame en el cieloCandidata1986Mellor interpretación feminina secundariaEl año de las lucesCandidata
Fotogramas de Prata Ano Categoría Película/Serie de TV Resultado2005Toda una vidaGañadora1993Mellor actriz de televisión¿De parte de quién?Semifinalista (1ª rolda)1990Mellor actriz de televisiónEva y Adán, agencia matrimonialCandidata1988Mellor actriz de cineEspérame en el cieloMiss CaribeMujeres al borde de un ataque de nerviosCandidata1986Mellor actriz de cineEl año de las lucesLulú de nocheMatadorMatadorCandidata1984Mellor actriz de cine¿Qué he hecho yo para merecer esto?Candidata
Unión de Actores Ano Categoría Película Resultado2008Mellor actriz secundaria de cineFuera de cartaCandidata2006Mellor actriz secundaria de cineVolverGañadora1995Mellor interpretación secundaria de cineLa flor de mi secretoCandidata
Notas
Categoría:Actores da Comunidade de Madrid Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1930 Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Finados en 2016