A European Nations Cup ou ENC (chamada popularmente 6 Nacións B), é un torneo bianual entre seleccións de rugby de Europa. Considerando que o Torneo das Seis Nacións é o campionato europeo de primeira división, o European Nacions Cup sería o campionato europeo de segunda división.
As 35 seleccións europeas de rugby participantes no torneo están organizadas en 7 divisións de 5 ou 6 equipos cada unha, existindo ascensos e descensos entre cada división e a seguinte. As 6 mellores seleccións disputan a División 1A, da que sae o campión oficial do campionato. Actualmente Xeorxia, Romanía, España, Rusia, Portugal e Bélxica compiten na máxima categoría.
Formato Cada edición do torneo dura 2 anos. O formato consiste nunha liguiña de todos fronte a todos, dividida en dúas voltas. Cada ano dispútase unha volta, coincidindo as datas dos 5 encontros coas datas do Torneo das Seis Nacións, e dicir, entre os meses de febreiro e marzo do primeiro ano dispútase a primeira volta, e entre os meses de febreiro e marzo do segundo ano dispútase a segunda volta. O primeiro clasificado da liguiña resulta campión, e o último clasificado descende de categoría.
Palmarés Este foi o resultado das últimas edicións disputadas:
Palmarés da European Nations Cup - 1ª DivisiónTempadasCAMPIÓNSegundoTerceiro 2013-14 Xeorxia Romanía Rusia 2011-12 Xeorxia Romanía Portugal 2009-10 Xeorxia Rusia Rusia 2007-08 Xeorxia Rusia Romanía 2005-06 Romanía Xeorxia Ucraína 2003-04 Portugal Romanía Xeorxia 2001-02 Romanía Xeorxia Rusia
Edición 2013-2014''PosiciónEquiposPuntosXog.Gañ.Emp.Per.Bonus .1º Xeorxia 41 || 10 || 9 || 1 || 0 || 3+0 |- bgcolor=#F5FAFF align=center | .2º ||align=left| Romanía || 38 10 8 1 1 4+0 .3º Rusia 28 || 10 || 6 || 0 || 4 || 4+0 |- bgcolor=#F5FAFF align=center | .4º ||align=left| España || 15 10 2 2 6 0+3 .5º Portugal 12 || 10 || 2 || 1 || 7 || 0+1 |- bgcolor=#F5FAFF align=center | .6º ||align=left| Bélxica || 6 10 0 1 9 1+3 A vitoria son 4 puntos, e o empate 2.
Os puntos bonus acádanse anotando 4 ou máis ensaios, e perdendo por 7 puntos ou menos.
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial da FIRA-AER, organizadora da European Nations Cup
Categoría:Campionatos internacionais de rugby
fr:Championnat européen des nations de rugby à XV 2010-2012