Lance Thomas, nado o 24 de abril de 1988 en Brooklyn, Nova York, é un xogador profesional norteamericano de baloncesto.
Traxectoria profesional Tras non ser elixido no Draft da NBA de 2011, Thomas foi elixido no Draft da NBA D-League polos Austin Toros. Comezou a tempada 2011-12 cos New Orleans Hornets, pero o 31 de decembro de 2011 foi cortado e volveu aos Austin Toros. O 6 de febreiro de 2012, Thomas asinou outra vez cos Hornets un contrato de dez días.
O 29 de setembro de 2014, asinou cos Oklahoma City Thunder.OKC Thunder training camp: Michael Jenkins, Richard Soloman, Lance Thomas, Talib Zanna added to roster
O 5 de xaneiro de 2015, foi traspasado ós New York Knicks nun traspaso entre os Knicks, os Thunder e os Cleveland Cavaliers.Knicks Part of Three-Team Trade Tras ser cortado polos Knicks o 7 de xaneiro, tres días despois asinou con eles un contrato de dez días. O 21 de xaneiro, asinou un segundo contrato de dez días cos Knicks,Knicks Sign Lance Thomas to Second 10-Day Contract e o 31 de xaneiro asinou cos Knicks ata o final da tempada.Knicks Sign Thomas For Remainder Of Season O 29 de xuño de 2019, Thomas foi cortado polos Knicks.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com
Categoría:Nados en 1988 Categoría:Nados en Brooklyn Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores dos New Orleans Hornets Categoría:Xogadores dos New Orleans Pelicans Categoría:Xogadores dos Oklahoma City Thunder Categoría:Xogadores dos New York Knicks