Chocolate and Cheese é o cuarto álbum de estudio da banda estadounidense Ween, editado o 27 de setembro de 1994 a través do selo Elektra Records. Foi o primeiro disco do grupo en ser gravado nun estudio profesional, en vez de nun catro pistas como nos seus traballos anteriores. Porén, a meirande parte dos instrumentos foron tocados por Dean e Gene Ween.

Portada Nunha entrevista con Hank Shteamer durante a escritura do libro 33⅓ sobre Chocolate and Cheese, Dean Ween dico que a idea orixinal para a portada era "conseguir que un mariñeiro, coma un mariñeiro gai, de vermello, branco e azul levase o cinto",Shteamer, p.134 pero o estudo rexeitou esta idea, pensando que era inadecuada.

Gene Ween afirma que foi el que tivo a idea da portada do álbum que acabou sendo feita, dicindo: "Tíñaa bosquexada... Lembro que lle dixen a Mickey como se cortaba a parte superior da [camisa] xusto debaixo da liña do pezón e por iso era moi importante ter os peitos grandes cunha 'parte inferior' grande". O director creativo de Reiner Design Consultants, Roger Gorman, afirmou que recibiron as instrucións para que parecese unha portada de álbum dos Ohio Players.Shteamer, p.135

A modelo da portada foi Ashley Savage, e a fotografía foi realizada por John Kuczala. A principios da década de 2000, a portada foi votada como "a portada do álbum máis sexy de todos os tempos" polos lectores de Playboy.com.

Listaxe de cancións Todos os temas compostos por Ween.

Notas

Bibliografía

Categoría:Álbums de Ween Categoría:Álbums musicais de 1994 Categoría:Álbums de Elektra Records