Benito López García, nado en Xermade o 1 de marzo de 1901 e finado en Roupar o 5 de novembro de 1983, foi un mestre e pedagogo galego.

Traxectoria Foi mestre entre 1921 e 1974 no Páramo, Santaballa (Vilalba) e Roupar (Xermade). Destacou polo seu labor de alfabetización na provincia de Lugo. Colaborou en Vida Escolar, El Magisterio Gallego e La Escuela Moderna. Foi fundador do Afección Club Rouparés en 1932. Finou en Roupar 5 de novembro de 1983.Necrolóxica en La Voz de Galicia, 6-11-1983, p. 59.

Obras La Escuela Moderna. Técnica de la enseñanza en la escuela, 1927. Tratado de Pedagogía I e II, 1968-1970. Los grandes pedagogos, 1970. La inmortalidad. Historia de la pedagogía, 1974.

Vida persoal Casou con Francisca Ferreiro López e foi pai de Herminia e Antonio López Ferreiro.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas "Chegan os meses para xuntarse", artigo de María Caravel en La Voz de Galicia, 28 de xuño de 2009.

Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Pedagogos de Galicia Categoría:Nados en Xermade Categoría:Nados en 1901 Categoría:Finados en 1983 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes