The Artist é un filme francés dirixido por Michel Hazanavicius que se estreou no 2011. É unha película muda en branco e negro protagonizada por Jean Dujardin e Bérénice Bejo, gañadora de 5 Oscars, (incluíndo mellor filme, director e actor), 3 Globos de Ouro e 7 BAFTAs.

Sinopse Hollywood, 1927. George Valentin é unha grande estrela do cine mudo a quen a vida lle sorrí. Pero, coa chegada do cine sonoro, a súa carreira corre perigo de quedar soterrada no esquecemento. Pola súa parte, a xove actriz Peppy Miller, que empezou como extra dun filme de Valentin, convértese nunha estrela do cine sonoro.

Personaxes Jean Dujardin como George Valentin Bérénice Bejo como Peppy Miller Uggie como Jack (o can) John Goodman como Al Zimmer James Cromwell como Clifton Missi Pyle como Constance Penelope Ann Miller como Doris Malcolm McDowell como o mordomo Bitsie Tulloch como Norma Beth Grant como criada de Peppy Ed Lauter como Primeiro chofer de Peppy Jen Lilley como Espectador Nina Siemaszko como Muller admiradora Jewel Shepard como Actriz estrela Basil Hoffman como Poxador Ben Kurland como Asistente do casting Ken Davitian como Prestamista

Galardóns e nomeamentos 2011: 5 Oscars: Mellor filme, director, actor (Jean Dujardin), BSO, vestiario. 10 nomeamentos. 2011: 3 Globos de Ouro: Mellor filme comedia/musical, actor (Dujardin) e BSO. 6 nomeamentos. 2011: 7 premios BAFTA, incluíndo mellor filme, director, guión orixinal. 12 nomeamentos. 2011: 6 Premios Cesar, incluíndo mellor filme e director. 10 nomeamentos. 2011: Festival de Cannes: Mellor actor (Jean Dujardin). 2011: Independent Spirit Awards: Mellor filme, director, actor e fotografía. 5 nomeamentos. 2011: Critics Choice Awards: 4 premios, incluíndo mellor filme. 11 nomeamentos. 2011: Festival de San Sebastián: Premio do público. 2011: Premios do Cine Europeo: Mellor banda sonora. 4 nomeamentos, incluíndo mellor filme. 2011: Premios Goya: Mellor filme europeo. 2011: Satellite Awards: Mellor dirección artística. 5 nomeamentos, incluíndo mellor filme. 2011: Producers Guild of America: Mellor filme. 2011: Premios da Crítica de Washington (WAFCA): Mellor filme. 2011: Directors Guild of America (DGA): Mellor director. 2011: Screen Actors Guild: Mellor Actor (Dujardin). Nomeados Actriz secundaria e elenco. 2011: Círculo de críticos de Nova York: Mellor filme e director. 2011: Festival de Hampton: Mellor filme (Premio do público). 2011: Festival de Sevilla: Premio do público.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Fimaffinity

Categoría:Filmes de 2011 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes dirixidos por Michel Hazanavicius Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes de The Weinstein Company Categoría:Filmes rodados nos Ánxeles Categoría:Óscar ó mellor filme Categoría:Filmes ambientados en 1927 Categoría:Filmes ambientados en 1928 Categoría:Filmes ambientados en 1929 Categoría:Filmes ambientados en 1930 Categoría:Filmes ambientados en 1931 Categoría:Filmes ambientados en 1932 Categoría:Filmes cuxo director gañou o Óscar ó mellor director Categoría:Globo de Ouro á mellor película - Comedia ou musical