miniatura|Cultivo de células estreladas pancreáticas. miniatura|300 px|Activación das células estreladas pancreáticas na pancreatite crónica e no cáncer de páncreas. Ilustration de (R.Jaster, 2004). As células estreladas pancreáticas son células similares a miofibroblastos con forma estrelada presentes no páncreas, que poden cambiar dun estado quiescente a un estado activado. Foron descubertas por Saotome et al en 1997 Saotome T, Inoue H, Fujimiya M, Fujiyama Y, Bamba T: Morphological and immunocytochemical identification of periacinar fibroblast-like cells derived from human pancreatic acini. Pancreas 1997, 14:373-382. PMID 9163784 . Teñen bastantes similitudes coas células estreladas hepáticas.

As células estreladas pancreáticas atópanse en áreas do páncreas exócrino arredor dos acinos (nos espazos periacinares) e supoñen arredor do 4 % das células pancreáticas no páncreas san. Os seus procesos citoplasmáticos, que lles dan o seu aspecto estrelado, rodean a base dos acinos. Tamén se atopan nas rexións perivasculares e periductais do órgano. Cando se activan migran ao lugar onde se produciu un dano no tecido, e participan nas actividades reparativas do tecido, segregando compoñentes da matriz extracelular como coláxeno de tipo I e III, fibronectina e laminina. Estas células conteñen gotas lipídicas que conteñen retinoides (vitamina A), que se perden durante a activación, e proteínas citoesqueléticas como a desmina e a proteína acídica fibrilar glial Apte MV, Haber PS, Applegate TL, Norton ID, McCaughan GW, Korsten MA, Pirola RC, Wilson JS: Periacinar stellate shaped cells in rat pancreas: identification, isolation, and culture. Gut 1998, 43:128-133.

As células estreladas pancreáticas xogan un papel na patoxénese da pancreatite e do cáncer de páncreas.Longnecker DS: Pathology and pathogenesis of diseases of the pancreas. Am J Pathol 1982, 107:103-121. PMID 6175221 A pancreatite iníciase por un dano no tecido acinar, ductal, e/ou células mesenquimais do páncreas, e isto vai seguido por procesos patolóxicos como edema intersticial, necrose celular, activación intrapancreática da tripsina Stevens T, Conwell DL, Zuccaro G. Pathogenesis of chronic pancreatitis: an evidence-based review of past theories and recent developments. Am J Gastroenterol. 2004 Nov;99(11):2256-70. PMID 15555009. , infiltración de células inflamatorias, e a activación e proliferación das células estreladas pancreáticas.

As células estreladas pancreáticas son activadas por mediadores profibroxénicos, como o etanol Apte MV, Phillips PA, Fahmy RG, Darby SJ, Rodgers SC, McCaughan GW, Korsten MA, Pirola RC, Naidoo D, Wilson JS: Does alcohol directly stimulate pancreatic fibrogenesis? Studies with rat pancreatic stellate cells. Gastroenterology 2000, 118:780-794. PMID 10734030 , metabolitos e citocinas/factores de crecemento. A perpetuación das células estreladas pancreáticas en condicións patolóxicas persistentes orixina fibrose pancreática. Na transdución dos sinais de activación están implicadas quinases MAP (proteína quinases activadas por mitóxeno), e os ligandos PPARγ (receptor activado polo proliferador do peroxisoma γ), que son receptores nucleares hormonais, inducen o fenotipo quiescente destas células Galli A, Crabb D, Price D, Ceni E, Salzano R, Surrenti C, Casini A: Peroxisome proliferator-activated receptor γ transcriptional regulation is involved in platelet-derived growth factor-induced proliferation of human hepatic stellate cells. Hepatology 2000, 31:101-108. PMID 10613734 .

Notas

Véxase tamén Outros artigos Célula estrelada (nerviosa) Célula estrelada hepática Célula pancreática acinar

Ligazóns externas

Categoría:Histoloxía