Brasil é o quinto país do mundo en extensión: ocupa o 1,7% da superficie do globo terrestre e o 47% da de América do Sur. Ten unha área de 8.511.965 km², dos cales 8.456.510 corresponden a terra. Inclúe o arquipélago de Fernando de Noronha e tamén as illas Trindade, Martín Vaz, Grande, Ilhabela e outras.

Fronteira terrestre Total: 14.691 km de fronteiras País Extensión Arxentina 1.223 km Bolivia 3.400 km Colombia 1.643 km Güiana Francesa 673 km Güiana 1.119 km Paraguai 1.290 km Perú 1.560 km Suriname 597 km Uruguai 985 km Venezuela 2.200 km

A liña costeira do Brasil ten unha extensión de 7.491 km, constituída principalmente de praias de mar aberto.

Clima O clima do Brasil é, en gran parte, tropical, pero o sur do país presenta clima subtropical.

A rexión Norte, que comprende os Estados do Acre, Amazonas, Amapá, Pará, Rondonia, Roraima, Tocantins e ten clima ecuatorial, que confire á rexión unha boa distribución anual de choivas, con temperaturas elevadas e baixa amplitude térmica anual.

A rexión Nordeste ten clima diverso, variando de ecuatorial (Maranhão e parte do Piauí) a semiárido (a rexión da Caatinga, comprendendo boa parte do Nordeste), e tropical, no centro e sur da Baía. Os estados da rexión son Maranhão, Piauí, Baía, Pernambuco, Ceará, Sergipe, Alagoas, Rio Grande do Norte e Paraíba.

A rexión Centro Oeste, cos Estados de Mato Groso, Mato Groso do Sur e Goiás, e tamén o Distrito Federal, presenta clima tropical semihúmido, especialmente no período de choivas, que alimenta o Pantanal Mato-Grossense.

Na rexión Sueste, que comprende os Estados de Minas Xerais, Sao Paulo, Río de Xaneiro e Espírito Santo, predomina, nas partes máis altas, un clima tropical agradable, co catro estacións ben distintas. No extremo oeste de Sao Paulo e de Minas Xerais predomina o clima tropical semihúmido, e no litoral un clima tropical con choivas intensas no verán.

A rexión Sur do país ten clima subtropical, co baixas temperaturas nas serras gaúcha (estado de Río Grande do Sur) e catarinense (estado de Santa Catarina), sendo común a formación de xeadas durante o inverno. Hai tamén caída de neve nas serras en anos moi fríos. Composta de tres estados: Santa Catarina, Paraná e Río Grande do Sur.

Altitudes e puntos extremos As altitudes do territorio brasileiro son, en xeral, modestas. O territorio non presenta grandes cadeas de montañas, cordilleiras ou similares.

O punto mais elevado no Brasil é o Pico da Neblina, con 2.997 m de altura.

Ó norte, o límite é a nacente do río Ailã, no Monte Caburaí, Roraima, fronteira coa Güiana.

Ó sur, o límite extremo é unha curva do arroio Chuí, no Río Grande do Sur, na fronteira co Uruguai.

Ó este, o punto extremo é a Ponta do Seixas, no estado da Paraíba.

O punto extremo do oeste é a nacente do río Moa, na Serra de Contamana o Serra do Divisor, no Acre, fronteira co Perú.

División político-administrativa As 27 unidades da federación agrúpanse, para fins estatísticos e, nalgúns casos, de orientación da actuación federal, en cinco grandes rexións: Centro-Oeste, Nordeste, Norte, Sueste e Sur. Cada Estado, así como o Distrito Federal, ten os seus propios órganos executivos (na figura do Gobernador), lexislativos (Asemblea Lexislativa unicameral) e xudiciais (tribunais estatais).

Os estados subdivídense en concellos, que varían en número, entre 15 (Roraima) e 853 (Minas Xerais). Estas unidades autónomas menores dispoñen só do poder Executivo, exercido polo prefecto, e Lexislativo, na cámara municipal.

Rexión Centro-Oeste Distrito Federal (DF) Goiás (GO) Mato Grosso (MT) Mato Grosso do Sul (MS) Rexión Nordeste Alagoas (AL) Baía (BA) Ceará (CE) Maranhão (MA) Paraíba (PB) Pernambuco (PE) Piauí (PI) Rio Grande do Norte (RN) Sergipe (SE) Rexión Norte Acre (AC) Amapá (AP) Amazonas (AM) Pará (PA) Rondônia (RO) Roraima (RR) Tocantins (TO) Rexión Sudeste Espírito Santo (ES) Minas Xerais (MG) Río de Xaneiro (RJ) San Paulo (SP) Rexión Sul Paraná (PR) Rio Grande do Sul (RS) Santa Catarina (SC)

Véxase tamén Ligazóns externas IBGE Instituto Brasileiro de Xeografía e Estatística

*