A síndrome postorgásmica (POIS polas súas siglas inglesas postorgasmic illness syndrome) é unha enfermidade que se caracteriza por síntomas de debilidade tras o orgasmo que pode durar de varias horas a varios días. Foi descrito por primeira vez no ano 2002. Síntomas Os síntomas normalmente aparecen despois de media hora do orgasmo e vaise aos poucos días.

O afectado pode experimentar síntomas mentais e físicos. Os síntomas mentais comúns inclúen disfuncións cognitivas, intenso malestar, irritabilidade, ansiedade, necesidade de descanso, susceptibilidade para o estrés, depresión, dificultade para comunicarse, para lembrar palabras, ler e reter información, concentración e socialización. Os síntomas físicos inclúen fatiga severa, dor de cabeza leve ou severa, e síntomas parecidos á gripe ou á alerxia, tales como tose, irritación dos ollos e nasal ou mialxia. Os afectados tamén poden experimentar calor intensa. Diagnose O doutor Waldinger di que esta enfermidade é propensa a ser relacionada con factores psicolóxicos ou hipocondría. No ano 2010, nun estudo do British Medical Journal, Dexter comenta unha forma de dor de cabeza orgásmica con POIS, e referencia un encontro científico con centos de enfermos que describían a súa situación. Tratamento Os pacientes de POIS empezan a ser tratados con técnicas para alérxicos de seme. Os afectados evitan a actividade sexual, especialmente o orgasmo, ou programalo para ocasións nas que poidan recuperarse.

Un médico tratou a dúas persoas, cuxos síntomas primarios foron estado de ánimo depresivo intenso, cos inhibidores selectivos da recaptación de serotonina. Epidemioloxía A POIS podería afectar a entre o 0.25% e o 1% da poboación. Está considerada unha enfermidade rara. Notas

Véxase tamén ligazóns externas Semen allergy suspected in rare post-orgasm illness (Reuters, 17 de xaneiro de 2011) Una misteriosa enfermedad te deja K.O. después del orgasmo (Público, 18 de xaneiro de 2011)

Categoría:Sexualidade