Mercedes F1 W03</font> 300px Mercedes InformaciónPaís Fabricante Mercedes Deseñador Produción Predecesor Mercedes MGP W02Sucesor Longo mmLargo mmAlto mmPeso 640 Kg. mínimo (con auga, lubricante e piloto)Chasis Moonocaso de niño de abella en fibra de carbono e material compostoSuspensión Motor Mercedes-Benz Potencia Transmisión Tracción PosteriorFreos Prestacións Pneumáticos Pirelli P Zero (seco), Cinturato (mollado) Debut Gran Premio de Australia de 2012 Pilotos 7. Michael Schumacher8. Nico Rosberg Carreiras 20 Gañadas 1 Poles 1 Voltas rápidas 3 Camp. Cons. 0 Camp. Pilt. 0* Mercedes GP Petronas F1 Team official website
O Mercedes F1 W03 é un coche de carreiras de Fórmula Un deseñado por Mercedes AMG Petronas Formula One Team para o seu uso na tempada de Fórmula Un de . O coche será pilotado polo sete veces Campión do Mundo de Pilotos Michael Schumacher e por Nico Rosberg. O coche foi presentado o 21 de febreiro, antes do segundo test das probas de inverno da tempada. O equipo utilizou o predecesor do F1 W03, o Mercedes MGP W02, na primeira proba en Xerez da Fronteira. Correndo tres dos catro días a fin de avaliar as especificacións dos pneumáticos Pirelli para 2012. O W03 completou unha sesión en Silverstone o 16 de febreiro e realizouo un test privado no Circuíto de Cataluña en Barcelona o 19 de febreiro; baixo as normas deportivas, o equipo tiña dereito a realizar unha proba privada, xa que asistira a só tres dos catro días de probas en Xerez.
No Gran Premio da China de 2012, Nico Rosberg logrou a primeira pole position de Mercedes, e a primeira vitoria desde o Gran Premio de Italia 1955.
Deseño miniatura|left | A polémica á posterior do F1 W03 O W03 F1 debuto na primeira carreira da tempada en Melbourne co que se describiu como un "concepto de á radical". As especulacións suxiren que o á utiliza o concepto F-duct (desenvolvido por McLaren en ) soprando aire a través da superficie do á para "detelo", cancelando así toda a carga aerodinámica e arrastre que corre sobre o á e permitindo que o coche logre unha velocidade máxima superior. O sistema desenvolvido por Mercedes crea un efecto F-duct no alerón dianteiro cando a aleta do (DRS) do alerón traseiro está aberta. Abrindo a aleta aparecen dúas reixillas de ventilación, que canalizan o aire cara a atrás a través do auto e o alerón dianteiro, anulando a carga aerodinámica xerada polo alerón dianteiro, coa intención de aumentar a estabilidade en curvas de alta velocidade.
Controversia O xoves antes do Gran Premio de Australia, o delegado técnico da FIA Charlie Whiting declarou que o sistema era legal. Con todo, pouco antes da última sesión de adestramentos na tarde do sábado, os representantes de Red Bull Racing e Lotus F1 achegaronse aos comisarios da carreira e pediu que a FIA revisase o veredicto inicial, afirmando que o sistema de alerón dianteiro era unha violación dos artigos 3.15 e 3.18, que rexen o uso do DRS e dos dispositivos aerodinámisos accionados polo piloto. O xoves antes do Gran Premio de Malaisia, a FIA rexeitou todas as demandas sobre a ilegalidade do sistema, e permitiu competir a Mercedes sen ter que modificar o coche. Tres semanas máis tarde, en China, Lotus F1 presentou unha protesta formal contra o sistema, citando o artigo 3.15 das normas técnicas, que establece que "calquera dispositivo que inflúe na aerodinámica do coche debe permanecer inmóbil en relación á parte suspendida do vehículo", como base para a súa impugnación. Máis tarde os comisarios rexeitaron por unanimidade a protesta. Afirmaron que "o único propósito da DRS como se indica no artigo 3.18.3, é mellorar os adiantamentos. O deseño do Mercedes é completamente coherente con este obxectivo"Benson, Andrew "Lotus's protest against Mercedes controversial DRS system rejected" BBC News. 13 April 2012. Retrieved 2012-04-16 e ademais aclararon que "a protesta é rexeitada co argumento de que a FIA confirmou a afirmación que tiña do equipo Mercedes, de conformidade co artigo 2.4 e / ou 2.5 do Regulamento Técnico de F1 , pediu aclaracións ao Departamento Técnico da FIA referente a esta materia e a FIA confirmou que o deseño de Mercedes fora considerado permisible ", antes do inicio da tempada. Lotus confirmou que non van recorrer a decisión.Noble, Jonathan "Lotus will not appeal stewards' decision on Mercedes rear wing" Autosport. 12 April 2012. Retrieved 2012-04-16
Resultados completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano Equipo Motor Pneu. Pilotos 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Puntos Pos. Mercedes AMG Petronas Mercedes FO 108Z AUS MAL CHN BHR ESP MON CAN EUR RU ALE HUN BEL ITA SIN XPN COR IND ABU USA BRA 142 5º Michael Schumacher Ret 10 Ret 10 Ret Ret Ret 3 7 7 Ret 7 6 Ret 11 13 22† 11 16 7 Nico Rosberg 12 13 1 5 7 2 6 6 15 10 10 11 7 5 Ret Ret 11 Ret 13 15 * Tempada en curso.
Notas
Ligazóns externas
Categoría:Coches de Fórmula 1