Chámase face á cara principal dun tecido, papel, folla etc., oposta á posterior.
Na Botánica chámase face á cara superior ou cara adaxial do limbo da folla dunha planta. Diferénciase do envés, ou parte inferior, en que non posúe estomas, ten unha cutícula algo máis grosa e posúe menor abundancia de tricomas. A súa cor adoita ser máis escura ca do envés (como máximo poden chegar a ser da mesma cor).
Cómpre non confundir o termo face con feixe: montón de cousas, conxunto de partículas ou liñas, ou grupo de cousas ou de persoas.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Envés
Categoría:Termos botánicos