Bolt é un filme de animación estadounidense dos estudios Disney, dirixido por Chris Williams e Byron Howard, que se estreou no 2008.
Sinopse Para o super-can Bolt tódolos días están cheos de aventuras, perigos e intrigas -polo menos ata que as cámaras deixan de gravar, xa que é o protagonista dun famoso programa de televisión-. Pero cando a estrela canina do grande éxito televisivo é enviada accidentalmente dende os seus estudios de Hollywood a Nova York, comeza a súa maior aventura nunha viaxe campo a través polo mundo real. Bolt está convencido de que todos os seus incribles poderes e fazañas son reais. Mais, coa axuda de dous estraños compañeiros de viaxe - unha gata de nome Mittens, e un hámster nunha bóla de plástico obsesionado pola televisión chamado Rhino - Bolt descobre que non necesita superpoderes para ser un heroe.
Personaxes John Travolta como Bolt Susie Essman como Mittens Mark Walton como Rhino Miley Cyrus como Penny Malcolm McDowell como Doutor Calico Nick Swardson como Blake Diedrich Bader como Gato veterano Chloë Grace Moretz Penny de pequena Greg Germann como O axente James Lipton como O director Randy Savage como Thug Kari Wahlgren como Mindy Grey Delisle como Nai de Penny J.P. Manoux como Tom Brian Stepanek como Martin John DiMaggio como Saul Jenny Lewis como Asistente do Director
Galardóns e nomeamentos 2008: Nomeado ó Oscar: Mellor filme de animación. 2008: 2 Nomeamentos ó Globo de Ouro: Mellor filme de animación, canción orixinal.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity
Categoría:Filmes de 2008 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de 2008 en 3D Categoría:Filmes dirixidos por Byron Howard Categoría:Filmes dirixidos por Chris Williams Categoría:Filmes de Walt Disney Pictures Categoría:Filmes sobre cans