Ken Akamatsu (赤松健, Akamatsu Ken) é un historietista xaponés (mangaka), nado o 5 de xullo de 1968 en Kanagawa. Mide 1,68 m e pesa 50 kg. Suspendeu en dúas ocasións o exame de acceso á Universidade de Tokyo na sección de estudos audiovisuais e acabou estudando literatura na Universidade de Chūō.

Igual que moitos debuxantes xaponeses, comezou debuxando dōjinshi para o Comiket, baixo o pseudónimo de Awa Mizuno (水野亜和, Mizuno Awa), e posteriormente meteuse no manga comercial. Love Hina foi o manga co que se deu a coñecer ó mundo, aínda que anteriormente debuxara AI Ga Tomaranai e Always My Santa.

A maior parte das súas obras teñen escenas ecchi e, concretamente, Love Hina e Magister Negi Magi pódense considerar "harem manga", pois o protagonista é un rapaz rodeado de rapazas.

Akamatsu recoñece que o seu personaxe predilecto de Love Hina é Motoko Aoyama. Mide 1,75 m e podería pasar por modelo. A primeira vista é forte, pero divírteo debuxala porque tamén ten unha parte sensible e ás veces rompe a chorar.

Obra AI Ga Tomaranai (AIが止まらない) (1994-1997) Always My Santa (いつだってMyサンタ, Itsudatte my Santa) (1997) Love Hina (ラブひな) (1997-2001) Magister Negi Magi (魔法先生ネギま!, Mahō Sensei Negima ou simplemente Negima) (2003)

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web de Ken Akamatsu Portadas dos dōjinshi de Ken Akamatsu

Categoría:Debuxantes de manga Categoría:Personalidades da banda deseñada Categoría:Nados na prefectura de Kanagawa Categoría:Nados en 1968