Gonzalo Acosta Pan, nado na Coruña o 31 de decembro de 1888 e finado na Caeira (Poio) o 12 de setembro de 1936, foi un político galego.
Traxectoria Empregado do Banco Pastor. Foi nomeado cónsul de Ecuador na Coruña en decembro de 1931.La Voz de Galicia, 20-12-1931, p. 2. Membro do Partido Republicano Radical-Socialista, foi nomeado gobernador civil de Biscaia o 13 de outubro de 1933. Despois da escisión foi candidato nas eleccións de novembro de 1933 polo Partido Radical-Socialista Independiente.La Voz de Galicia, 8-11-1933, p. 4. En 1935 foi Secretario Xeral do Consello Provincial de Izquierda Republicana da Coruña e presidiu a Agrupación Municipal do partido na cidade. Foi presidente do Casino Republicano coruñés. Foi nomeado gobernador civil de Pontevedra o 26 de febreiro de 1936. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi apresado, logrou fuxir nun primeiro momento, porén, detivérono no mes de agosto na Coruña e trasladárono a Pontevedra onde foi xulgado por traizón en consello de guerra o 8 de setembro,El Pueblo Gallego, 9-9-1936, p. 5. e condenado á pena de morte e multa de 1000 pesetas. Foi executado no monte da Caeira, no quilómetro 1 da estrada de Campañó.El Pueblo Gallego, 13-9-1936, p. 9.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Gobernadores civís de Pontevedra Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1888 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos