Get Ready é o sétimo álbum de estudio da banda inglesa New Order, editado o 27 de agosto do 2001 a través do selo London Records. Trátase do primeiro álbum do grupo en oito anos, despois de que en 1993 publicase Republic. O álbum está adicado a Rob Gretton, o representante de Joy Division e New Order, que morreu en 1999.

Keith Strickland, guitarrista da banda de New Wave The B-52s dixo que os sons de Get Ready inspirárono para construír o son do álbum de The B-52s Funplex. O grupo The Killers tomou o seu nome da banda que tocaba no vídeo de "Crystal".

"Close Range" aparece no videoxoga da PlayStation 2 World Rally Championship, e "Someone Like You" na película independente de 2003 Haggard: The Movie. "Slow Jam" foi usada nunha campaña publicitaria de Visa en 2009, e nunha de Ford en Australia no 2002 para o seu modelo Ford BA Falcon.

Listaxe de cancións Todos os temas compostos por Gillian Gilbert, Peter Hook, Stephen Morris e Bernard Sumner.

"Crystal" – 6:51 "60 Miles an Hour" – 4:34 "Turn My Way" (con Billy Corgan) – 5:05 "Vicious Streak" – 5:40 "Primitive Notion" – 5:43 "Slow Jam" – 4:53 "Rock the Shack" (con Bobby Gillespie) – 4:12 "Someone Like You" – 5:42 "Close Range" – 4:13 "Run Wild" – 3:57

Categoría:Álbums de New Order Categoría:Álbums musicais de 2001 Categoría:Álbums de London Records