Estela San José Asensio, nada en Valladolid en 1973, é unha xuíza española, que durante unha década foi titular do xulgado de instrución de Lugo.
Traxectoria Nada en Valladolid, converteuse en xuíza e en 2006 foi destinada a Lugo para facerse cargo do xulgado de instrución da cidade. En 2008, mentres investigaba unha trama de explotación a inmigrantes en Lugo, atopou unha rede fraudulenta para a retirada de multas de tráfico na Xefatura de Tráfico luguesa. Esta investigación xudicial acabou por custarlle o posto ao xefe provincial de Tráfico e ao Subdelegado do Goberno en Lugo, Jesús Otero Calvo (PSOE). A maior parte dos investigados foron finalmente absoltos, incluídos a que despois sería alcaldesa de Lugo, Lara Méndez.
En 2011 iniciou a investigación da Operación Campión, que levou a prisión o empresario Jorge Dorribo e a Joaquín Varela de Limia, director do Instituto Galego de Promoción Económica, e que causou a dimisión política do popular Pablo Cobián Fernández e do nacionalista Fernando Blanco Álvarez.
En 2015 deixou a cidade de Lugo e marchou a Huelva para facerse cargo do Xulgado 3 do Penal, onde continuaba na primavera de 2018.
Notas
Categoría:Xuíces de España Categoría:Nados en Valladolid Categoría:Nados en 1973 Categoría:Personalidades sen imaxes