Marca TV foi unha canle de televisión temática española, que emitía información deportiva case todo o día en aberto. Tivo a súa orixe no xornal de información deportiva Marca e na emisora de radio Radio Marca. Anteriormente formaba parte do Mundo Marca xunto ó periódico, a radio e a páxina web www.marca.com. A cadea de televisión pertencía ó Grupo Unidad Editorial e a Mediapro.

Finalmente, tras cerca de tres anos de emisións, a canle cesou as súas emisións o mércores 31 de xullo de 2013, tras varios meses nos que a súa continuidade estivo no aire. A canle establecera como data límite para o seu peche o 30 de xuño, aínda que logrou unha prórroga do seu contrato para un mes máis.

Audiencias Evolución da cota de pantalla mensual, segundo as medicións de audiencia elaborados en España por TNS. Están en letra grosa e vermello os meses en que foi líder de audiencia.

XaneiroFebreiroMarzoAbrilMaioXuñoXulloAgostoSetembroOutubroNovembroDecembroMedia anual2010--------0,4%**0,4%0,5%0,5%0,45%20110,6%0,7%0,7%0,7%0,8%0,8%0,9%1,0%1,1%0,8%0,7%0,7%0,8%20120,9%0,8%0,8%0,9%0,9%0,7%0,7%0,9%1,0%1,2%1,3%1,4%* 0,96%20131,2%1,1%1,1%0,9%0,9%0,8% 0,6% ----- 0,95%

* Máximo histórico. | ** Mínimo histórico.

Notas

Categoría:Cadeas de televisión de España Categoría:Medios de comunicación deportivos Categoría:Veo Televisión