O 3-hidroxi-3-metilglutaril-coencima A PubChem compound 3-hydroxy-3-methylglutaryl-coenzyme ACHEBI (3S)-3-hydroxy-3-methylglutaryl-coenzyme A, ou HMG-CoAMeSH name, tamén chamado β-hidroxi-β-metilglutaril-coencima A (ás veces abreviado como hidroximetilglutaril-CoA) é unha molécula formada por un hidroxiácido metilado de 4 carbonos unido ao coencima A (derivado dun nucleótido). Funciona como un intermediato na ruta de formación de corpos cetónicos (cetoxénese) e na vía do mevalonato para a formación de terpenos e esteroides, onde se forma a partir de acetoacetil-CoA e acetil-CoA. Tamén intervén como intermediario no metabolismo do aminoácido leucina, onde o seu precursor é o 3-metilglutaconil-CoA.

Na vía do mevalonato

miniatura|dereita|300 px|Vía do mevalonato. Na vía do mevalonato o HMG-CoA utilízase para formar mevalonato, o cal despois orixinará en varios pasos o isopreno activo necesario para a síntese de terpenos e esteroides. Nesta ruta o HMG-CoA orixínase pola unión do acetoacetil-CoA e o acetil-CoA catalizada pola HMG-CoA sintase. miniatura|centro|400 px|Formación do HMG-CoA por acción da HMG-CoA sintase. Despois o HMG-CoA perde o seu coencima e redúcese e dá lugar a mevalonato pola acción do encima HMG-CoA redutase localizado no retículo endoplasmático con gasto de NADPH . miniatura|centro| 400px|Formación de mevalonato a partir de HMG-CoA pola acción da HMG-CoA redutase.

Na cetoxénese 350px|miniatura|dereita|Formación de corpos cetónicos. Na cetoxénese o HMG-CoA utilízase para a formación do corpo cetónico acetoacetato. Orixínase a partir do acetoacetil-CoA, que se une a unha molécula de acetil-CoA nunha reacción catalizada pola HMG-CoA sintase.A. Lehninger. Principios de Bioquímica. Omega. 1988. Páxinas 524-525, 608-609. ISBN 84-282-0738-0.

Posteriormente, o HMG-CoA formado rompe rendendo acetoacetato e acetil-CoA nunha reacción catalizada pola HMG-CoA liase.

No metabolismo da leucina Na degradación oxidativa do aminoácido leucina, esta dá lugar finalmente a acetil-CoA e acetoacetato, polo que é un aminoácido cetoxénico. A 4ª reacción desta ruta orixina 3-metilglutaconil-CoA, que se hidrata orixinando HMG-CoA, o cal experimenta a última reacción da ruta, catalizada pola HMG-CoA liase, na que a molécula rompe formando acetil-CoA e acetoacetato.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Coencima A Ácido glutárico

Categoría:Tioésteres Categoría:Coencimas