Claudio López Garrido, nado en Vigo o 20 de abril de 1948, é un economista e político galego.
Traxectoria Investigador no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo. Militante do PSG, nas eleccións autonómicas de 1981 foi elixido deputado do Parlamento de Galicia pola coalición electoral BNPG-PSG, pero foi expulsado da Cámara autonómica por negarse a acatar a Constitución española de 1978. Foi subdirector xeral de Formación e transferencia tecnolóxica da Consellería de Medio Rural (2005-2009).
Obras Estrutura produtiva de la agricultura en la montaña de Lugo, 1987. A eficiencia técnica das explotacións leiteiras na comarca interior da provincia de A Coruña: influencia da concentración parcelaria, 2003. Tradución Retrato do colonizado (de Albert Memmi), 2016, Edicións Laiovento.''Retrato do colonizado na páxina web de Laiovento. Bola de sebo e outros contos (de Guy de Maupassant), 2018, Edicións Laiovento.Bola de sebo e outros contos na páxina web de Laiovento.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Economistas de Galicia Categoría:Deputados da I Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1948 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Tradutores ao galego Categoría:Tradutores do francés