Non confundir coa Táboa Redonda da corte do rei Artur.
Unha mesa redonda (de debate) é un grupo de discusión de persoas en torno a un tema relevante, dirixida por un moderador, ante un auditorio constituído por persoas interesadas no tema. O moderador abre a sesión, concede a palabra alternativamente aos opoñentes, formula preguntas, controla o tempo de participación e pecha a sesión cunha síntese e un comentario persoal.Definición Consultada o 13/3/2012.
Características da mesa redonda Forma de discusión a modo de conversación. Control parcial do moderador. Exposición de diferentes puntos de vista, feitos e actitudes sobre un tema. Máxima interacción entre os integrantes da mesa. Útil para definir puntos de acordo e desacordo e chegar a conclusións comúns. Fomento das relacións humanas e da habilidade para comunicarse.Universia. Mesa redonda Consultada o 13/3/2012.Gerza. Mesa redonda Consultada o 13/3/2012.
Preparación e desenvolvemento dunha mesa redonda Elixir un tema polémico. Ter claros os obxectivos da reunión. Seleccionar aos participantes co coidado de que teñan puntos de vista diverxentes sobre o tema. Elixir un moderador imparcial. Planificar previamente a reunión cos participantes, sen que haxa discusión preliminar. Dar un tempo (por exemplo, uns dez minutos) para unha primeira rolda. Establecer unha quenda onde o público exprese as súas opinións e faga preguntas aos participantes. Pechar a mesa cun resumo das ideas principais e a enumeración de conclusións por parte do moderador.Gerza. Mesa redonda
Notas
Véxaser tamén Outros artigos Coloquio Conferencia Debate Foro Relatorio
Categoría:Comunicación Categoría:Mesas