Bibiano Adonis Morón Giménez, máis coñecido como Bibiano, nado en Santiago de Compostela o 21 de decembro de 1950 e finado en Vigo o 28 de decembro de 2016, foi un músico e compositor galego.

Traxectoria Fillo de Adonis Morón Silva. Iniciouse na canción galega comprometida no ano 1970, nos derradeiros tempos de Voces Ceibes. O seu primeiro concerto foi no colexio do Opus Dei "La Estila" de Santiago nese mesmo ano. Incorporouse á nova canción galega nos anos do fin do franquismo.

Foi especialmente famoso o concerto que deu acompañado polo tamén membro de Voces Ceibes Benedicto García Villar o 25 de xuño de 1976 no Pavillón dos Deportes da Coruña. O concerto, en solidariedade co dirixente comunista Santiago Álvarez, preso no penal de Carabanchel, converteuse nun acto de reivindicación galeguista e nun dos fitos culturais máis importantes da transición en Galicia.

A súa achega foi incorporar percusión e instrumentos eléctricos (fundamentalmente a guitarra eléctrica) na canción galega, que até entón só era de voz e guitarra española.

Deu moitos concertos con Vicente Araguas e foi militante moito tempo de CCOO. Máis tarde trasladouse a Vigo, onde rexentou unha discoteca. Gravou varios discos. Nos últimos anos dedicouse á produción de eventos musicais en Vigo e rexentou un céntrico restaurante dende 1990 ata 2009.

Faleceu en Vigo o 28 de decembro de 2016.

Discografía Álbums Estamos chegando o mar (1976) Alcabre (1977) Aluminio (1979)

EP Benedicto e Bibiano (Voces Ceibes) (1992)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Bibiano en lafonoteca.net

Bibliografía

Rego, Carlos (2025): Bibiano. Cambiar para ser un mesmo. Vigo: Galaxia. 172 páxs. ISBN 978-84-1176-371-4.

Categoría:Nados en 1950 Categoría:Finados en 2016 Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Músicos de Galicia Categoría:Voces Ceibes Categoría:Cantantes de Galicia Categoría:Cantantes en lingua galega Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Cantautores de Galicia