200px|miniatura|Thomas Henry e Julian Huxley en 1895. Julian Sorell Huxley, nado en Londres o 22 de xuño de 1887 e finado o 14 de febreiro de 1975, foi un biólogo, escritor, humanista e internacionalista británico, coñecido polas súas contribucións á popularización da ciencia a través de libros e conferencias. Foi o primeiro director da Unesco e foi nomeado cabaleiro británico en 1958.
Huxley formaba parte dunha familia distinguida. O seu irmán era o escritor Aldous Huxley, e era medio irmán doutro biólogo, o premio Nobel Andrew Huxley; o seu pai foi o escritor e editor Leonard Huxley; e o seu avó paterno foi o biólogo Thomas Henry Huxley, famoso por ser colega e apoiar a Charles Darwin. O seu avó materno foi o académico Tom Arnold. Véxase tamén
Categoría:Directores xerais da UNESCO Categoría:Biólogos do Reino Unido Categoría:Nados en Londres Categoría:Nados en 1887 Categoría:Finados en 1975 Categoría:Membros da Royal Society