O termo descontinuidade pode referirse a:
Matemáticas Descontinuidade dunha función: pode ocorrer que unha función non sexa continua en todo o seu dominio de definición; se unha función non é continua nun punto, dise que a función ten unha descontinuidade nese punto e que a función é descontinua. Filosofía Descontinuidade úsase en filosofía da historia principalmente para contrarrestar a noción dun progreso continuo da ciencia, a cal sempre se desenvolvería de forma unidireccional.
Física Descontinuidade física dun medio heteroxéneo é unha rexión de medida cero onde unha determinada magnitude física constante por rexións cambia de valor. Descontinuidade temporal Psicoloxía Descontinuidade úsase en psicoloxía social para denominar a transformación dos procesos psicolóxicos dos individuos como consecuencia da súa participación en grupos ou colectivos.
Xeoloxía Descontinuidade é termo usado en xeoloxía para designar os límtes, especialmente no interior da Terra, entre capas con rochas de densidades diferentes (as denominadas descontinuidades de densidade ou descutinuidades sísimicas) pero tamén para designar diferentes facies sedimentarias, aínda que estas úlimas denomínase máis específica e apropiadamente '''discordancias.
Véxase tamén
Descontinuidade (xeoloxía) Discordancia (xeoloxía)