Burning Heart Records é un selo discográfico independente formado en 1993 e baseado en Örebro, Suecia. Ten unha estreita relación coa etiqueta californiana Epitaph Records, que ten os dereitos de distribución de Burning Heart en Norteamérica. Ten tamén unha oficina en berlín dende finais do ano 2003.

Burning Heart tivo moito éxito lanzando en Europa (especialmente en Suecia) bandas a un público xeral. Entre os seus artistas que máis éxito colleitaron están The Hives, Turbonegro, The (International) Noise Conspiracy, Millencolin, No Fun at All e Refused.

O selo ten unha boa reputación polas súas bandas de garage punk, pero ten editado álbums que van dende o grindcore e o hardcore experimental ata o pop alternativo, ska ou rap.

Bandas que editaron co selo

59 Times the Pain Asta Kask The Accidents Between Us Bodyjar Bombshell Rocks Boysetsfire Breach C.Aarmé Chickenpox Division of Laura Lee Donots Flogging Molly Franky Lee Give Up the Ghost

Hell Is for Heroes The Hives The (International) Noise Conspiracy Liberator Looptroop Rockers The Lost Patrol Band Kid Down Midtown Millencolin Moneybrother Monster Nasum Nine No Fun at All

Parkway Drive Path Of No Return Promoe Raised Fist Randy Refused Samiam Satanic Surfers Sounds Like Violence Team Blender Turbonegro Voice of a Generation The Weakerthans Within Reach

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina do selo

Categoría:Discográficas independentes de Suecia