miniatura|300px|Un Agena A. Agena, formalmente denominado RM-81 segundo a súa designación misilística, é o nome dunha familia de foguetes estadounidenses usados como etapa superior de varios lanzadores, entre eles o Thor, o Atlas e o Titan.
Historia No ano 1955, a Forza Aérea comezou o programa WS-117L (Weapons System 117L), consistente no desenvolvemento dun sistema de satélites estratéxico, inicialmente adicado ó recoñecemento óptico desde o espazo. En outubro de 1956, a compañía Lockheed gañou o concurso relacionado co programa e converteuse no contratista principal. O elemento principal do programa sería unha nova nave multipropósito con motores de manobra e desprazamento e que sería usada como segunda etapa do foguete lanzador así como transportador do sistema de recoñecemento. A etapa Agena sería desenvolvida basándose no motor foguete de propelente líquido Bell XLR81 e foi coñecido inicialmente como Hustler debido a que o motor foi deseñado orixinalmente para unha cápsula armamentística a reacción para o bombardeiro B-58 Hustler. O motor alimentábase con ácido nítrico e UDMH.
Variantes Houbo catro versións do foguete Agena: A, B, C e D. Das catro, voaron tres. A versión C tería consistido nun foguete do dobre de capacidade en órbita, pero non chegou a ser construída.
VarianteMotorPuloTempo de combustiónLonxitudeDiámetroPesoFoguetesNúmero de lanzamentosAgena ABell 8048 (Bell XLR81-BA-5)69 kN120 segundos5,94 m1,52 m3850 kg (2945 kg de propelente)Atlas, Thor20Agena BBell 8081 (Bell XLR81-BA-7) / Bell 8096 (XLR81-BA-9)71 kN240 segundos7,56 m1,52 m7160 kg (6115 kg de propelente)Atlas, Thor76Agena DBell 8096 (Bell XLR81-BA-9, Bell 8247 no Agena Target Vehicle)71 kN265 segundos7,56 m1,52 m7160 kg (6115 kg de propelente)Atlas, Thor, Thorad, Titan IIIB269
Agena A miniatura|150px|Diagrama dun Agena B. O primeiro Agena lanzouse sobre un foguete Thor en xaneiro de 1959 e terminou en fracaso, pero o segundo intento, o 28 de febreiro dese mesmo ano, finalizou con éxito ó poñer en órbita o satélite de recoñecemento Discoverer 1 do sistema KH-1 nunha órbita polar. Os primeiros modelos do Agena eran propulsados pola variante Bell XLR81-BA-3 do motor foguete, pero posteriores foguetes usaron a variante XLR81-BA-5 (Bell modelo 8048). As tubeiras do motor podíanse mover en cabeceo e guinada grazas a uns cardáns.
Agena B O Agena B levaba un motor mellorado XLR81-BA-7 engine (Bell modelo 8081) que podía ser reencendido no espazo. Era máis groso que o Agena A para levar máis propelente, duplicando o tempo de encendido (240 segundos). Unha vez posto en órbita ao Agena B aínda lle quedaba propelente dabondo para manobrar, características necesaria nunha plataforma de recoñecemento. Unidades posteriores do Agena B usaban un motor XLR81-BA-9 (Bell modelo 8096), aumentando o pulo do foguete. Xunto co propulsor Atlas foi usado para satélites Midas e Samos.
A maior parte dos Agena B foron usados para lanzar satélites de recoñecemento do tipo KH.
Agena D miniatura|O Agena D usado durante o programa Gemini. Foi a variante que máis lanzamentos fixo. Tratábase basicamente dun Agena B mellorado que podía lanzar unha maior variedade de cargas e ser usado con outros tipos de foguetes como primeira etapa. Foi o foguete usado durante o programa Gemini como vehículo obxectivo das cápsulas tripuladas Gemini.
Xunto cos foguetes Thor, Atlas e Titan foi usado na súa maior parte para lanzar satélites de recoñecemnto KH, pero Atlas lanzou tamén o Gemini-Agena e as sondas do programa Mariner.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Atlas-Agena
Categoría:Foguetes espaciais