250px|miniatura|Situación da hipófise Unha glándula é un epitelio especializado na secreción de substancias, que se desenvolve a partir das superficies epiteliais invaxinándose no tecido conectivo subxacente. Estas substancias poden ser excretadas dentro do sistema circulatorio ou fóra del. No primeiro caso a glándula ten unha función endócrina e no segundo unha función exócrina. Unha glándula pode conter os dous tipos de función ao mesmo tempo. O páncreas, por exemplo, posúe as dúas funcións: o páncreas endócrino é responsábel da produción de insulina e o páncreas exócrino é responsábel da produción de enzimas dixestivos (lipase e amilase) responsábeis por axudar na dixestión das proteínas.
O tecido adiposo é a maior glándula endócrina do organismo humano, como quedou probado hai pouco tempo, cando se recoñeceu a liberación de diversas substancias polos adipocitos (células de graxa), no canto do fígado, anteriormente detentor deste título.
Lista de glándulas Glándula bulbocavernosa Glándula lacrimal Glándula mamaria Glándula pancreática Glándula pineal Glándula pituitaria ou hipófise Glándula prostática ou próstata Glándula salivar Glándula sebácea Glándula submandibular Glándula sudorípara Glándula suprarrenal Glándula tiroide Glándula vulvovaxinal Glándula parótide
Categoría:Glándulas