Álvaro Muñiz Mora nado na Coruña o 17 de decembro de 1981, é un piloto de rally que compite no Súper Campionato de España de Rallys. Anteriormente competiu durante anos no Campionato de Galicia de Rallys e no antigo Campionato de España e en 2023 proclamouse campión da Copa de España de Rallys de Asfalto. Álvaro é neto e sobriño de pilotos. O seu tío José Mora foi campión galego en 1985 e 1986.Historia de Álvaro Muniz
Traxectoria Comezou con sete anos participando no mundo do radio control, e logrou varios títulos en competicións rexionais, nacionais e internacionais.
Con 17 anos iniciouse no motociclismo, e no seu primeiro ano logrou varios podios no campionato galego. Un ano despois decidiu saltar ao automobilismo e fixo o seu debut no Rally do Lacón de 2001 cun Fiat Punto. No 2002 participou na Copa Fiat Punto, o que lle permitiu afrontar o campionato de España nun Punto de Grupo A na tempada 2003. Nos anos seguintes disputou a Copa Citroën C2 e no 2006 fíxose co seu primeiro coche de tracción as catro rodas, un Mitsubishi Lancer Evolution VII.
No 2007 fixo o debut no Campionato do Mundo ao participar no Rally de Cataluña, onde rematou 38º cun Mitsubitshi Evo IX.Rally Cataluña 2007 en juwra.com No 2009 fichou polo Nupel Rally Team onde compite cun Mitsubishi Lancer Evo X no campionato de España para logo debutar cun Ford Fiesta R2. En 2010 correu cun Ford Fiesta S2000, e tras desfacerse o equipo fíxose cun Citroën C2 R2 Max.
No 2011 pasou a formar parte do equipo de Sergio Vallejo, e correu o campionato de España cun Lotus Exige, co que conseguiu o seu primeiro podio nacional no Rally RACE Comunidad de Madrid.
Palmarés Campión de España de Terra Producción, 2008. Campión Galego de Karting, 2007 e 2008. Campión Galego de Resistencia Karting 2005.
Resultados Campionato de España Ano Equipo Vehículo 1 2 3 4 Posición Puntos 2011 Lotus Exige FRR? VLL5 SRMRet RCM2 14º 53
Resultados Campionato galego Ano Equipo Vehículo 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Posición Puntos2006 ?Mitsubishi Lancer Evo VIICOC3RDNALBNARCONBXLLACLUGBOT ? ?2007?Mitsubishi Lancer Evo IXCOCRDNALBNARCONRetLUGBXLBOT ? ?2009Escudería OurenseMitsubishi Lancer Evo XCDUCOCRDNALBCDNSDCLUG4OBLBOT ? ?2011 ?Lotus Exige GTCOCRDNCDUCDNSDCLUG6OBLSDGBOT ? ?2012GT 17Lotus Exige GT COC3RDN3ULLCDN4SDCRetLUGRetRBSBOTRet 9º 543 2014Escudería Rias BaixasSeat Ibiza SC TrophyRDCRDNBOTRetCDNSDCULLLUGRBSTVA - 0
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial
Categoría:Pilotos de rally de Galicia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1981 Categoría:Pilotos do Campionato do Mundo de Rally