miniatura|200px|Cabeza feminina levando un polo. Bronce da segunda metade do século VII a.C., de Creta.

O polo ou polos (do grego antigo πόλος, pólos, en plural poloi) é un gorro ou coroa cilíndrica que usaban as deusas mitolóxicas do Antigo Oriente Próximo e Anatolia, e adoptado polos antigos gregos para representaren ás deusas nai Rea, Cibeles e Hera.Lidell e Scott definen πόλος como "unha peza de vesitario de cabeza usada polas deusas, como, por exemplo, Afrodita.". Henry George Liddell e Robert Scott (1940): A Greek-English Lexicon. Oxford: Clarendon Press.

A palabra tamén significaba, entre outras cousas, "eixe da esfera celestial", e "polo deste eixe".Lidell e Scott, Op. cit., e deste termo é de onde derivan os polos celestes e, en cosecuencia, os xeográficos, os eléctricos e os magnéticos.

A miúdo estaba aberta pola parte superior cos cabelos caendo sobre os lados; outras, como un bonete alto e torreado, como unha coroa mural ou, simplemente, podía ter a forma dun anel alto.The Role of Women in the Art of Ancient Greece

Durante a época clásica, as mulleres mortais non parece que levaran polos (poloi), pero son comúns en estatuas de terracota de mulleres da época micénica, polo que a súa representación en estatuas de deusas pode ser visto como un arcaísmo deliberado.

Algúns polos parece que estaban feitos con tecido, aínda que o material usado non está claro. Non se encontrou ningún en escavacións arqueolóxicas, o que suxire que non estaban feitos de metal.

Notas

Categoría:Vestimenta da Grecia Antiga Categoría:Mitoloxía grega