miniatura|Unha segunda etapa dun foguete Delta II, co seu motor AJ10-118K. AJ10 é o nome dunha familia de motores foguete hipergólicos que consomen ácido nítrico e UDMH, construídos por Aerojet e usados en diferentes foguetes.

Historia O motor AJ10 orixinal, denominado AJ10-37, foi deseñado para o seu uso co foguete Vanguard e máis tarde foi desenvolvido en versións para ser usadas nos foguetes Able (AJ10-41 e AJ10-42) e Delta.

Variantes

AJ10-101 O AJ10-101 derivaba da segunda etapa do foguete Vanguard e usouse xunto cunha primeira etapa Thor para lanzar satélites artificiais. As primeiras probas do motor tiveron lugar o 21 de febreiro de 1958.

Características Diámetro: 0,84 m Pulo: 34,3 kN Impulso específico: 270 s (240 s a nivel do mar) Tempo de combustión: 115 s

AJ10-104 Foi unha versión en aceiro inoxidable do AJ10 básico usado no foguete Able e mellorada para aumenta-lo pulo de 34,7 kN a 37,0 kN e incrementar a duración da combustión ata dúas veces e media. Voou por primeira vez en 1960 e a etapa resultante foi denominada Ablestar. Foi o primeiro motor capaz de reencenderse no espazo.

Características Diámetro: 1,4 m Pulo: 35,1 kN Impulso específico: 278 s Tempo de combustión: 296 s Masa: 90 kg Presión da cámara de combustión: 7 bar

AJ10-118 Usado en etapas superiores de distintos foguetes Able e Delta (como o Delta A).

Características Diámetro: 0,84 m Pulo: 33,8 kN Impulso específico: 271 s Tempo de combustión: 115 s Masa: 90 kg Presión da cámara de combustión: 7 bar Número de lanzamentos: 14

AJ10-118D Usado nas etapas superiores dos foguetes Delta B, Delta C e Delta D. Voou por primeira vez en 1962. Atópase fóra de produción.

Características Diámetro: 0,84 m Pulo: 33,8 kN Impulso específico: 278 s Tempo de combustión: 170 s Masa: 90 kg Presión da cámara de combustión: 7 bar Número de lanzamentos: 24

AJ10-118E Usado nas etapas superiores dos foguetes Delta E, Delta G e Delta J, Delta L, Delta M e Delta N. Voou por primeira vez en 1965.

Características Diámetro: 1,40 m Pulo: 35,10 kN Impulso específico: 278 s Tempo de combustión: 400 s Masa: 90 kg Presión da cámara de combustión: 7 bar Número de lanzamentos: 47

AJ10-118F Usado nas etapas superiores dos foguetes Delta 0100 e Delta 1000. Voou por primeira vez en 1972.

Características Diámetro: 1,40 m Pulo: 41,40 kN Impulso específico: 306 s Tempo de combustión: 335 s Masa: 95 kg Presión da cámara de combustión: 9 bar Número de lanzamentos: 13

AJ10-118G Usado na etapa superiores do foguete Delta G.

Características Pulo: 43,41 kN Impulso específico: 314 s

AJ10-118H Usado na etapa superior do foguete Delta H.

Características Pulo: 43,41 kN Impulso específico: 319 s

AJ10-118J Usado na etapa superior do foguete Delta J.

AJ10-118K Usado na etapa superior do foguete Delta K. Voou entre 1982 (estrenándose no voo Delta 164) e 1989 e alimentábase de tetróxido de nitróxeno e Aerozine 50.

Características Diámetro: 1,70 m Pulo: 43,40 kN Impulso específico: 321 s Tempo de combustión: 444 s Masa: 98 kg Presión da cámara de combustión: 8,96 bar Número de lanzamentos: 127

AJ10-131 Foi un modelo a subescala do motor que se usaría no sistema de propulsión do módulo de servizo das naves Apollo. Probouse por primeira vez en 1960.

Características Pulo: 9,80 kN

AJ10-137 miniatura|A nave da misión Apollo 15 en órbita lunar, propulsada por un motor AJ10-137. Foi o motor elixido para ser usado como propulsión principal do módulo de servizo das naves Apolo.

Características Pulo: 97,50 kN Impulso específico: 312 s Tempo de combustión: 585 s Presión da cámara de combustión: 6,90 bar

AJ10-138 Desenvolvido ininicialmente como motor para os foguetes Vanguard e Able. Voou por primeira vez en 1958.

Características Diámetro: 1,53 m Pulo: 35,60 kN Impulso específico: 311 s Tempo de combustión: 440 s Masa: 110 kg Presión da cámara de combustión: 7 bar Número de lanzamentos: 80

Notas

Véxase tamén

Categoría:Motores foguete