miniatura|Olas expostas no Museo Galego do Entroido. As olas ou potas son unha familia de utensilios culinarios habituais en calquera cociña. Son xeralmente de forma cilíndrica ou subesférica e normalmente teñen unha tapa -tamén chamada testo- e unha ou dúas asas, ou ben un cabo. Algúns deses utensilios son revestidos internamente de teflón, material antiadherente e que soporta altas temperaturas.

Tipos As olas de barro, cuxa fabricación dá lugar á industria da olaría. As potas son olas máis altas que largas. Fanse de ferro fundido, ferro esmaltado, aluminio ou aceiro inoxidable. Polo contrario as tarteiras ou tachos son olas mais largas que altas, dos mesmos materiais. Ola a presión, ola usada para cociñar máis rapidamente algúns tipos de alimentos, por exemplo os legumes, como feixóns, lentellas ou garavanzos, pois coa presión elévase a temperatura de ebulición por riba dos 100 °C.

Imaxes

Categoría:Utensilios de cociña Categoría:Recipientes Categoría:Olaría