José María Soler García, nado en Villena (Alacant) o 30 de setembro de 1905 e finado no mesmo lugar o 25 de agosto de 1996, foi un arqueólogo, historiador, investigador, lingüista e folclorista español. É a persoa que estudou Villena e a súa comarca en maior profundidade e nun maior número de eidos, xa que todas as súas investigacións foron sempre na dirección de escrutar todo o que concernía á súa cidade natal.

Fundou o museo arqueolóxico da cidade, ao que se lle deu o seu nome na súa honra despois de que descubrira o Tesouro do Cabezo Redondo e o de Villena. A Fundación municipal José María Soler, constituída tras a súa morte, ten como misión manter o seu legado cultural e convoca cada ano Premios de Investigación en varios niveis sobre a cidade e a área circundante.

Biografía Naceu en 1905, fillo dun avogado villenense. Na súa xuventude distinguiuse pola súa participación en varias actividades culturais, escribiu na prensa local e foi director dun grupo teatral de afeccionados. Xa naquel momento era popular na cidade pola súa cultura e coñecementos. Ingresou en Correos en 1917 en Madrid e en 1925 foi destinado a Villena. Durante esta época traballaba repartindo correo e pasaba moitas horas na biblioteca do casino de Cieza. En 1936 chegou a Xefe de Correos de Villena.

Durante a guerra civil foi mobilizado polo exército republicano, aínda que só realizou funcións postais. Ao volver a Villena en 1939 foi deposto do seu posto en Correos e encarcerado "polo seu auxilio á rebelión", aínda que foi liberado pouco despois. É entón, durante os primeiros anos da posguerra e coa cidade dominada por unha minoría triunfadora coa que estaba en desacordo, cando se reclúe no seu domicilio e comeza as súas primeiras indagacións históricas e arqueolóxicas. Para gañarse a vida, tivo que traballar como profesor dunha academia privada, e posteriormente como contable e xefe de oficina, entre outros pequenos labores.

Ademais, foi cronista e arquiveiro de Villena desde 1950 e tamén, desde ese mesmo ano, comisario local de escavacións arqueolóxicas. En 1957 fundou o museo arqueolóxico cos materiais que fora recopilando desde 1940. Ao descubrir, en 1963, primeiro o Tesouro do Cabezo Redondo e logo o de Villena, foi designado 'director perpetuo' do museo, que pasou a chamarse na súa honra Museo Arqueolóxico "José María Soler". Sempre permaneceu solteiro e residiu, xunto a unha irmá tamén solteira, na súa mesma casa natal. Xa desde a década de 1950 pertenceu a diversos centros e institucións provinciais e autonómicas da Comunidade Valenciana. En 1970 recuperou de maneira simbólica o seu posto en Correos, dado que xa se xubilara. Seguiu investigando e publicando practicamente até a súa morte, que ocorreu en 1996. Os seus restos descansan no Panteón de Ilustres de Villena.

Traxectoria persoal Arqueoloxía miniatura|200px|Entrada do Museo Arqueolóxico "José María Soler". miniatura|230px|dereita|Conxunto do Tesouro de Villena. miniatura|200px|Mapa dos sitios arqueolóxicos do termo de Villena, a maioría dos cales son achados de Soler. En 1939, tras a guerra civil española, Soler dedicou a maior parte da súa actividade investigadora á arqueoloxía da zona. Durante moitos anos realizou unha notable tarefa de campo dedicada á prospección da comarca villenense, descubrindo poboados e restos prehistóricos entre os que destacan o máis antigo, a Cova do Cochino, un asentamento da época musteriana no Paleolítico medio e o excepcional poboado de Bronce coñecido como Cabezo Redondo, cunhas singulares circunstancias que o converten nun dos máis importantes desta época en España.

Non menos de vinte asentamentos prehistóricos foron descubertos dentro da comarca villenense por José María Soler e neles efectuou un meritorio labor de escavación e estudo, cuns resultados tanxibles que poden admirarse no Museo Arqueolóxico. Alí atópanse os abundantes materiais provenientes dos descubrimentos e escavacións realizados por Soler, nunha tarefa levada a cabo persoalmente, co esporádico auxilio dalgún colaborador e practicamente sen medios nin axudas oficiais.

O seu principal achado foi o Tesouro de Villena, encontrado en 1963, e que, composto por 66 pezas, case a totalidade de ouro, constitúe o tesouro de vaixela áurea máis importante de España e o segundo de toda Europa, só superado polo das Tumbas Reais de Micenas, Grecia.Decreto 66/2005, de 1 de abril, polo que se declara Ben de Interese Cultural a Colección Arqueolóxica do Tesouro de Villena

Publicacións Soler escribiu varios libros acerca dos seus traballos arqueolóxicos, algúns outros de investigación histórica ou folclórica e incluso un dicionario sobre as variantes dialectais do castelán en Villena. Ademais, pronunciou decenas de conferencias e escribiu centos de artigos en periódicos e revistas de moi variada índole, tanto a nivel local como rexional e estatal. A continuación segue unha lista dos seus libros publicados:

Arqueoloxía 1956. El yacimiento musteriense de "La Cueva del Cochino" (Villena-Alicante) 1965. El tesoro de Villena 1969. El oro de los tesoros de Villena 1981. El Eneolítico en Villena 1987. Excavaciones arqueológicas en el Cabezo Redondo (Villena, Alicante) 1991. La Cueva del Lagrimal 1993. Guía de los yacimientos y del Museo de Villena Historia 1948. Crónica de las Fiestas de septiembre de 1948 1969. La Relación de Villena de 1575 1976. Villena: Prehistoria - Historia - Monumentos 1981-1988. Historia de Villena 1993. La colección numismática de José Mª Soler 2006. Historia de Villena: desde la Prehistoria hasta el siglo XVIII (reed. 2009) Lingüística 1993. Dicionario villenero (reed. 2005) Música e folclore 1979. El Polifonista villenense Ambrosio Cotes 1986. Cancionero popular de Villena (reed. 2005) Temas varios 1958. Bibliografía de Villena y su Partido Judicial 1976. I Congreso Nacional de Fiestas de Moros y Cristianos 1984. Soldadescas, Comparsas y Toros

Condecoracións Entre outras de menor entidade, as distincións máis importantes que recibiu foron as seguintes: Premio de Musicoloxía do CSIC, polo Cancionero popular de Villena (1949) Medalla de Ouro de Villena (18 de maio de 1973) Medalla de Bronce ao mérito nas Belas Artes (8 de maio de 1980) Premio Montaigne da Fundación FvS de Hamburgo (1981) Nomeamento como Doutor honoris causa pola Universidade de Alacant (1985) Medalla de Ouro da Provincia de Alacant (1991) Ademais, o Concello de Villena dedicoulle unha rúa do centro en 1979.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Fundación José María Soler Museo Arqueológico José María Soler José María Soler na Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes

Categoría:Historiadores de España Categoría:Medievalistas Categoría:Arqueólogos de España Categoría:Escritores da Comunidade Valenciana Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Antropólogos de España Categoría:Filólogos de Galicia Categoría:Nados en Villena Categoría:Nados en 1905 Categoría:Arquiveiros de España