miniatura|dereita|300px|Robert Hawker Dowling, Group of Natives of Tasmania, 1859. Os aborixes tasmanianos (nomes aborixes: Palawa, Parlevar, Lutrawita ou Trouwunna) son os indíxenas da illa da Tasmania en Australia.

Historia Entre os anos 1803 e 1833, a poboación de aborixes tasmanianos foi reducida dunha estimación de 5 000 persoas a só preto de 300, principalmente debido ós conflitos cos colonizadores británicos e polas doenzas introducidas por estes. Unha das derradeiras aborixes tasmanianas foi Truganini, que morreu en 1876. Porén, actualmente existen moitas persoas descendentes de aborixes tasmanianos nas que perviven algúns aspectos da súa cultura tradicional.

Linguas Hoxe en día considéranse extintas todas aquelas linguas faladas polos aborixes tasmanianos antes da chegada dos colonos europeos. Fanny Cochrane Smith é famosa polas súas gravacións de cancións aborixes en cilindros de fonógrafo, o que representa a única gravación sonora dunha lingua tasmaniana. Así a todo, existe un esforzo para reconstruír unha das linguas que había a partir de listaxes de palabras que se conservaron. A finalidade é a de manter viva a cultura tasmaniana orixinaria a partir de trazos que se mantiveron nalgunhas familias descendentes dos indíxenas tasmanianos.

As diferentes tribos tasmanianas antes de 1803 Lairmairrien (Big River) Nuenonnien (Sueste) Tougui (Costa suroeste) Tommeginner (Norte) Tyerremotepanner (Norte) Plangermairiener (Ben Lomond) Pyemmairiener (Nordeste) Pirappien (Noroeste) Paredarermien (Baía das ostras)

Notas

Véxase tamén Outros artigos Truganini Tasmania Aborixes australianos Pobos indíxenas australianos

Categoría:Pobos indíxenas de Australia Categoría:Tasmania