Toronto é a maior cidade do Canadá, e a capital da provincia de Ontario. Sitúase na marxe norte do lago Ontario. Ten aproximadamente 2,5 millóns de habitantes na cidade propiamente dita e 5,9 millóns na zona metropolitana. Aproximadamente un terzo da poboación canadense vive dentro dun raio de 160 km da cidade. Alén diso, Toronto considérase unha das cidades máis dinámicas da América do Norte, atraendo millares de inmigrantes anualmente, desde a década de 1850. Os seus habitantes chámanse torontonianos (Torontonians, en inglés).
Coñécese a Toronto como o "motor da economía do Canadá", e é considerada unha cidade global, exercendo influencia significativa a nivel rexional, nacional e internacional. Toronto é o centro financeiro do Canadá, así como un dos principais centros culturais e científicos. Toronto é o maior polo industrial, financeiro e de telecomunicacións do Canadá. Posúe unha das máis diversificadas economías da América do Norte, coa maior concentración de sedes de empresas, institucións culturais e a maior comunidade artística do país. En xaneiro de 2005, Toronto foi escollida polo goberno canadense como unha das capitais culturais do Canadá. Toronto posúe un dos mellores padróns de vida da América do Norte e é unha das cidades máis seguras do continente americano, cunha taxa de criminalidade menor que calquera gran cidade americana, e unha das menores do Canadá.
Etimoloxía A orixe e o significado da palabra "Toronto" continúa a ser materia de debate hoxe en día. A definición máis común di que "Toronto" vén da palabra hurón toran-ten, que significa "lugar de encontro". Porén, outros consideran que vén da palabra mohawk tkaronto, que significa "onde hai árbores sobre a auga", nunha referencia ás augas do norte do actual Lago Simcoe (os mohawk chamaban este lago de "Lago Toronto"). Este litoral estaba conectado ao litoral do Lago Ontario por unha vía que levaba ata ao Río Humber e a súa foz no Lago Ontario. A medida que a vía se tornou cada vez máis usada, o termo "Toronto" tamén pasou a ser cada vez máis usado, e eventualmente, pasou a ser tamén usado para nomear un posto comercial francés próxima á foz do Río Humber. Parte desta confusión pode atribuírse á sucesión de pobos indíxenas que viviron na área ao longo do século XVIII: huróns, seneca, iroqueses e mississaugas, que orixinaron o nome da segunda maior cidade da Rexión Metropolitana, Mississauga, localizada ao oeste de Toronto.
Ata o inicio da colonización británica, non había asentamentos permanentes na rexión, aínda que tanto os nativos indíxenas coma os franceses tentaron instalar asentamentos permanentes, incluíndo a construción dun pequeno forte próximo á foz do Río Humber, actualmente enterrado baixo o chan, onde se localiza agora a Canadian National Exhibition. Os británicos construíron un forte e un asentamento que foi chamado de "York". Os ingleses déronlle á cidade o nome de Toronto en 1834.
Historia
Localizado na marxe norte do Lago Ontario, Toronto era orixinalmente un termo usado nunha indeterminada localización xeográfica, aparecendo aproximadamente na mesma área da futura cidade de Toronto en mapas do final do século XVII e do inicio do XVIII. Eventualmente, o nome "Toronto" designou a área localizada na foz do Río Humber.
Exploración e asentamento europeo Anteriormente á chegada dos primeiros exploradores europeos, varias tribos indíxenas vivían na rexión. As principais eran os algonquinos, os huróns, os iroqueses, os mississaugas e os seneca. Os primeiros exploradores europeos exploraron a rexión na década de 1640, en expedicións francesas que partían de Quebec, rumbo aos Grandes Lagos. Tales expedicións foron feitas por orde de Samuel de Champlain. A rexión pasou entón a facer parte da colonia francesa de Nova Francia.
Porén, a colonización europea en todo o Canadá central, incluíndo a rexión de Toronto, foi case inexistente ata 1784. Ata entón, o número de colonos europeos en toda a área que actualmente é a provincia de Ontario era de aproximadamente 400 habitantes. En 1750, os franceses construíron un posto comercial próximo á foz do Río Humber, e un forte próximo ao Río Don. Este forte chamábase Fort Rouillé. En 1759, os franceses queimárono para impedir que as forzas británicas ao avanzaren pola rexión tomasen o control do forte e abandonaron a rexión. En 1763, toda a Nova Francia pasou ao dominio inglés, ao final da guerra dos Sete Anos, baixo os termos do Tratado de París.
Despois de 1784, ao fin da Revolución Americana de 1776, un gran número de colonos norteamericanos leais á Coroa británica abandonaron os novos Estados Unidos de América. Os británicos forneceron materiais e terras para estes colonos, e recompensaron con diñeiro a moitos deles que loitaran a carón das forzas británicas. En 1788, os británicos compraron máis de 1 000 km² de terra dos indios Mississaugas —que constitúen actualmente Toronto e algúns dos seus suburbios— para acoller estes colonos. Os británicos construíron unha vila, nas actuais illas de Toronto e mais un forte. Tanto o forte canto a vila foron nomeados como York. As illas de Toronto son unha cadea de pequenas illas que levan a un pantano (actualmente inexistente, xa que foi drenado) ao oeste da cadea, e a unha abertura ao leste do arquipélago, que forma unha baía que protexía naturalmente a vila acabada de crear, protexida polo Fort York, no centro xeográfico das illas. A vila ficaba do outro lado do arquipélago, próximo á actual Parliament Street.
En 29 de xullo de 1793, o Tenente Gobernador da nova colonia británica do Canadá Superior (base da actual provincia de Ontario), John Graves Simcoe, escolleu York para ser a nova capital, mudando da entón Newark —actualmente, Niagara-on-the-Lake— oficialmente, o 1 de febreiro de 1796.
250px|dereita|miniatura|Vista das actuais illas de Toronto. Á esquerda, pódese ver o porto da cidade.
O Tenente Gobernador Simcoe estaba especialmente preocupado en iniciar comunicacións militares entre os asentamentos ao sur do Canadá Superior —especialmente Newark, entón a capital da colonia— e aqueles asentamentos no leste, tales como Kingston. Para isto, Simcoe iniciou a construción de varias estradas. Dundas Street construíuse para conectar a rexión de York ata a vila homónima, Dundas, próxima a Hamilton, para continuar ao oeste, en dirección a Windsor, na fronteira canadense cos Estados Unidos. A Kingston Road construíuse entre Toronto e Montreal, pasando por Kingston. A maior parte desta estrada formaría posteriormente a Autoestrada MacDonald-Cartier, hoxe en día unha das autovías con máis tráfico do mundo. Foi construída unha terceira rota, a Yonge Street, entre o Lago Ontario e o Lago Toronto (actualmente o Lago Simcoe), inaugurada en tres anos. A Yonge Street é actualmente a liña divisoria leste-oeste de Toronto, e é moitas veces chamada "a rúa máis longa do mundo", con 1 896 quilómetros de lonxitude, que se estenden ata Rainy River, Ontario, na fronteira canadense co estado norteamericano de Minnesota. Todas as tres estradas mencionadas aínda existen nos días actuais.
En 1813, durante a Guerra de 1812, York foi atacada por forzas norteamericanas, e queimada parcialmente. En resposta a este ataque, os ingleses invadiron a capital norteamericana, Washington, D.C., no ano seguinte. Fort York entón era un forte de pequeno porte, e os seus defensores británicos, vendo que a defensa do forte sería imposíbel, decidiron recuar, incendiando antes as paredes e o chan próximos ao depósito de municións. Cando as forzas norteamericanas entraron, este depósito repentinamente estoupou, matando varios soldados norteamericanos. As tropas norteamericanas ficaron durante catro días no forte e saquearon a vila homónima. Ademais de ouro e diñeiro, os norteamericanos tomaron o mastro cerimonial da Asemblea Lexislativa. Estre mastro foi devolvido soamente en 1934, por orde do entón presidente norteamericano Franklin Delano Roossevelt. Despois da saída das tropas norteamericanas, os británicos construíron un forte moito máis resistente, a aproximadamente douscentos metros ao oeste da localización orixinal. Outro ataque norteamericano foi derrotado con facilidade, pois os navíos norteamericanos non foron capaces de aproximarse ao litoral.
Moitas das illas de Toronto actualmente xa non existen, senón que foron incorporadas ao continente pola expansión artificial do litoral do continente en dirección ás illas. Actualmente, este forte está a centenas de metros do litoral da cidade, escondido pola Gardiner Expressway.
En 1834, a entón cidade secundaria (town) de York foi elevada á categoría de cidade primaria (city) o 6 de marzo, e foi renomeada como Toronto, para distinguir a cidade de varias outras localidades na colonia, incluíndo o condado onde Toronto estaba situado. William Lyon Mackencie tornouse o seu primeiro prefecto. Entón, Toronto tiña preto de dez mil habitantes. En 1837, Mackencie liderou unha revolta contra o goberno británico, buscando maior autonomía para a colonia, na Revolta do Canadá Superior. Esta rebelión, que non gañou popularidade, foi facilmente extinguida polos británicos, e Mackenzie fuxiu para os Estados Unidos.
A gran fame irlandesa de 1846-1849 trouxo un gran número de irlandeses á cidade. Os irlandeses protestantes eran xeralmente benvidos pola poboación inglesa e escocesa da cidade, e logo varios destes irlandeses ocuparían importantes postos no comercio, educación e na política. A Orde de Orange tornouse dominante na sociedade de Toronto, tanto que na década de 1920 Toronto era chamado de "A Belfast do Canadá". A importancia da Orde de Orange diminuíu soamente despois da década de 1940. En contraste, os irlandeses católicos que se instalaron en Toronto enfrontáronse á intolerancia e á discriminación, tanto da sociedade como do goberno. Os irlandeses compuñan case a totalidade da poboación católica da cidade ata a década de 1890, cando comezaron a instalarse na cidade católicos alemáns e franceses. Porén, mesmo así, os irlandeses católicos continuaron a formar o 90% da poboación católica da cidade. Varias iniciativas dos irlandeses e os seus descendentes tales como a fundación da Universidade de Saint Michael en 1852, tres hospitais e varias organizacións de caridade fortaleceron a identidade irlandesa —independente da relixión— na cidade, transformando a presenza irlandesa en Toronto nunha de influencia e poder.
Crecemento dereita|miniatura|275px|Mapa de Toronto en 1894. miniatura|dereita|275px|O Viaduto Príncipe Eduardo.
Toronto creceu rapidamente nas décadas finais do século XIX. A súa poboación pasou de 30 000 habitantes en 1851 a 56 000 en 1871 e 181 000 en 1891. Nesta época, foi instalado un sistema de tranvías ao longo da cidade —gran parte deste sistema aínda está operativo— alén da construción de ferrovías, en especial, a Canadian Pacific Railway, que conectaron Toronto con outras cidades primarias do Canadá. Tamén se construíron ferrovías radiais, raís que corrían ao longo de vías públicas primarias con rúas e avenidas. Unha destas ferrovías radiais estaba instalada na Yonge Street, conectando Toronto co Lago Simcoe, e así, permitía aos pasaxeiros o traslado ás praias do Lago Simcoe. Nesa época, as augas das praias de Toronto ao longo do Lago Ontario estaban contaminadas de máis para seren usadas para o lecer, debido a que o lixo da cidade era lanzado directamente nas augas do Lago Ontario.
A economía da cidade tamén pasou a medrar axiña durante o final do século XX, grazas á construción destas ferrovías, e á adopción de medidas por parte do goberno canadense para protexer a industria e o comercio canadenses dos produtos estadounidenses. Construíronse moitas fábricas, e a cidade tornouse axiña un dos polos económicos do país, atraendo máis inmigrantes, italianos e alemáns, alén de ingleses, escoceses, irlandeses e franceses.