Ariane 1 foi o nome do primeiro modelo da familia de foguetes Ariane.
Características Tralo fracaso da antiga ELDO, predecesora da ESA, de poñer en marcha un programa de foguetes funcionais debido aos fallos dos foguetes Europa 1 e Europa 2 e de planear construír un Europa 3, o CNES francés propuxo construír un novo foguete con tecnoloxía xa probada. Foi durante a quinta Conferencia Espacial Europea, en decembro de 1972, e na que se constituíu a ESA, na que se acordou iniciar o programa do novo foguete, que terminaría por denominarse Ariane. Realizou 11 voos, dos cales dous terminaron en fracaso.
Historial de lanzamentos VooDataRampla de lanzamentoCargaResultadoNotasL-0124 de decembro de 1979ELA-1CAT-1ÉxitoPrimeiro voo.L-0223 de maio de 1980ELA-1Firewheel Amsat P3A CAT-2FalloInestabilidade da combustión nun dos motores Viking da primeira etapa.L-0319 de xuño de 1981ELA-1Meteosat 2 Apple CAT-3ÉxitoL-0420 de decembro de 1981ELA-1MARECS 1 CAT-4ÉxitoL-510 de setembro de 1982ELA-1MARECS B Sirio 2FalloPrimeiro lanzamento comercial O foguete deixou de funcionar despois de sete minutos de voo debido ao fallo dunha turbobomba na terceira etapa.L-616 de xuño de 1983ELA-1ECS 1 Amsat P3B (Oscar 10)ÉxitoL-719 de outubro de 1983ELA-1Intelsat-5 7ÉxitoL-85 de febreiro de 1984ELA-1Intelsat-5 8ÉxitoV-923 de maio de 1984ELA-1Spacenet 1ÉxitoV-142 de xullo de 1985ELA-1GiottoÉxitoV-1622 de febreiro de 1986ELA-1SPOT 1 VikingÉxitoÚltimo voo.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Ariane 1, 2, 3
Categoría:Ariane