Greystoke: a lenda de Tarzán, o rei dos monos (en ) é un filme británico dirixido por Hugh Hudson que se estreou en 1984. Baséase na novela Tarzan of the Apes de Edgar Rice Burroughs (1912). Estreouse en galego na TVG o 7 de xuño de 2009.

Sinopse O herdeiro da familia Greystoke, John Clayton, orfo ós poucos meses de nacer, é acollido por unha tribo de simios, entre os que vive durante anos. Descuberto polo Capitán belga D'Arnot, o mozo Tarzán é levado a Inglaterra, presentado á súa familia e educado de acordo co seu rango.

Personaxes Christopher Lambert como John Clayton / Tarzan Ralph Richardson como Earl de Greystoke Ian Holm como Capitán Philippe D'Arnot. James Foxcomo Lord Charles Esker Andie MacDowell como Jane Porter Cheryl Campbell como Lady Alice Clayton Ian Charleson como Jeffson Brown Nigel Davenport como Maior Jack Downing Nicholas Farrell como Sir Hugh Belcher Paul Geoffrey como Lord John 'Jack' Clayton Richard Griffiths como Capitán Billings Hilton McRae como Willy David Suchet como Buller John Wells como Sir Evelyn Blount Eric Langlois como Tarzan con doce anos Paul Brooke como Reverendo Stimson

Galardóns e nomeamentos 1984: 3 nomeamentos ós Oscar: Actor secundario (Ralph Richardson), maquillaxe e guión adaptado.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en AllMovie} Ficha en RottenTomatoes Ficha en BoxOfficeMojo

Categoría:Filmes de 1984 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes dirixidos por Hugh Hudson Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes de Elstree Studios Categoría:Filmes ambientados en Escocia Categoría:Filmes ambientados en África Categoría:Filmes ambientados en 1885 Categoría:Filmes ambientados en 1886 Categoría:Filmes ambientados en 1887 Categoría:Filmes ambientados en 1891 Categoría:Filmes ambientados en 1898 Categoría:Filmes ambientados en 1906 Categoría:Filmes de 1984 con versión en galego