O distrito de Kapchorwa é un distrito da Rexión Leste de Uganda, nomeado así pola súa poboación principal Kapchorwa, que significa "casa de amigos".
Limita co distrito de Kween polo norte e o leste, co distrito de Sironko polo sur e co distrito de Bulambuli polo leste e o nordeste.
Baixo a administración colonial, o distrito era o condado de Sebei, localizado no Bugisu Setentrional no antigo distrito de Bukedi. Kapchorwa comezou a ser distrito o 1 de febreiro de 1962, pouco despois da independencia de Uganda.
O distrito é lar da maioría das xentes kalenjin, incluíndo os subrgupos sabiny, pokot e nandi. Foron principalmente gandeiros mais tiveron problemas polos seus veciños do norte, os karamojong, quen invadiu o seu territorio e desprazou a centos de persoas. A poboación máis afectadas vive na chaira de Kapchorwa; particularmente no subcondado de Ngenge, como tamén no distrito de Bukwa. Este desprazamento de poboación resultou nunha pobreza extrema, forzando a xente a vivir en campamentos para desprazados con recursos moi limitados.
No 2005, o condado de Kongasis separouse para formar o distrito de Bukwa. En 2010, parte do territorio foi escindido para formar o distrito de Kween. Conxuntamente, Kapchorwa, Bukwa e Kween, forman a subrexión de Sebei.
Segundo o censo do ano 2002 tiña unha poboación estimada de 74.300 habitantes.
A agricultura de subsistencia, así como a gandaría, son as principais actividades económicas do distrito.
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina do distrito
Kapchorwa