miniatura|Lenda: a =glándula lacrimal, b= punto lacrimal superior, c =conduto superior, d= saco lacrimal, e =punto lacrimal inferior, f= conduto inferior, g = canle lácrimo-nasal Unha lágrima, bágoa, bagulla ou fluído lacrimal é un líquido composto de auga, sales minerais e proteínas, producido polas glándulas lacrimais (do sistema lacrimal) nas pálpebras superiores do ollo humano para lubrificar e limpar o ollo. É producido en gran cantidade cando alguén chora.
Lágrimas de crocodilo A expresión popular derramar lágrimas de crocodilo usada para dicir que alguén chora sen razón ou por finximento, xurdiu dun feito real que acontece cos crocodilos. Cando o animal come unha presa, faino sen mastigar, engulíndoa directamente. Para isto, abre a mandíbula de tal forma que comprime a glándula lacrimal, localizada na base da órbita, o que fai que os réptiles choren. Outra hipótese é, simplemente que esa secreción mantén húmidos os ollos cando están fóra da augaExpresiones españolas para Erasmus en apuros..
Notas
Véxase tamén Bibliografía RODRIGUES, Greice. Rio de Lágrimas: Na semana passada, o País assistiu a cenas de choradeira. Mas nem sempre o pranto é sincero. São Paulo: Editora Três, ISTOÉ n° 1865, p. 40-41, 13 de jul. 2005.
Outros artigos Sistema lacrimal
Categoría:Fisioloxía Categoría:Fluídos corporais