Rafael Xoán Muñoz Castro, que usa o pseudónimo literario de Amauta Castro, nado en Barakaldo en 1981, é un poeta e tradutor galego residente en Xirona.
Traxectoria Nado en Barakaldo, residiu en Vigo durante a maior parte de infancia e adolescencia e máis tarde en Santiago de Compostela. Residente en Xirona desde 2004. Colaborou en Dorna, Andar21, Olláparo e Ligeia. Ten colaborado co suplemento ”Altermundo” de Galicia Hoxe e nunha edición monográfica sobre o político, pensador e editor galego Ánxel Casal. En solitario, publicou o seu primeiro libro de poemas “Nos muros do mundo” en 2012. Levou a súa voz a diversos festivais e accións poéticas coma o X Festival de Poesia a les Caves (Sant Sadurní d’Anoia, 2017) o “Proxecto Catalizador 2013”, dentro da Semana de Poesia de Barcelona de 2013. No eido da tradución, trasladou a lingua galega o texto poético “Mar da Morte” do poeta catalán Santi Borrell.
En 2026, anunciou nas súas redes sociais o seu abandono definitivo da poesía.
Obra publicada Nos muros do mundo (2012). Edizer.
A Tarde. O Desacougo (2019), Espiral Maior. Leixaprén (2020). Bos Aires. Poetry. Constante hora de boca e precipicio (2020). Urutau. Poesía (modelo para romper) (2021). Saurobuks. Intraordinario II (2021). Urutau. Maldito (2022). Malafera. Árbores de inverno (2024). Saurobuks. Ilustracións de Pablo Orza.
Libros colectivos Antoloxía Poética da diáspora Galega (2007). Asociación Cutural Fillos de Galicia coa axuda da Secretaria Xeral de Emigración da Xunta de Galicia. Ánxel Casal: editor e intelectual galeguista (publicado pola biblioteca pública Ánxel Casal, de Compostela) O poliedro da soidade (2018). Andavira Editora, promovido polo Centro de Estudos Galegos do Departamento de Filoloxía Románica da Universidade Complutense de Madrid. Poesia a les Caves (2018). Regidoria de Cultura, Ajuntament de Sant Sadurní d’Anoia. Libro colectivo e conmemorativo que recolle poemas dos autores que participaron nas diversas edicións do Festival de Poesia a les Caves e que inclúe poetas coma Lluís Calvo, José Corredor-Matheos ou Pura Salceda.
Tradutor Mar da Morte, de Santi Borrell (2017). Edicións de Pedra, en edición bilingüe. Premios 3º premio Rosalía de Castro en 2006 por Mar (poema sen título), convocado pola Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellà. 1º Premio no Certame San Xurxo (2007) por Palabras de Amauta, convocado polo Centro Galego de Barcelona. 2º Premio Rosalía de Castro en 2011 por Setembro, convocado pola Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellà. 1º premio Certame Rosalía de Castro en 2017 por "Da pel sae o escuro", convocado pola Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellà. 2º premio Concello de Ames en 2018 na modalidade de poesía por "Este corpo momentáneo" Premio de poesía Pérez Parallé 2018. 2º premio no VII Certame de poesía Torre de Caldaloba 2024 por A vasteza do nó.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Palabras de Amauta, o blog do autor. Entrevista en Galicia Hoxe "Amauta Castro presenta libro en Vigo" en Sermos Galiza. Entrevista no blog Sempre en Galiza (25/11/2017)
Categoría:Nados en Barakaldo Categoría:Nados na diáspora galega Categoría:Nados en 1981 Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Galegos de Cataluña Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes