Benetton Formula Ltd., coñecido simplemente como Benetton, foi un construtor de Fórmula Un que participou desde ata . O equipo era propiedade da familia Benetton que dirixe unha cadea mundial de tendas de roupa do mesmo nome. No ano , Renault comprou o equipo, pero competiu como Benetton nas tempadas 2000 e . En , o equipo converteuse en Renault. O equipo de Benetton Formula estivo presidido por Alessandro Benetton entre 1988 e 1998.
Orixes O Grupo Benetton entrou na Fórmula 1 como empresa patrocinadora do equipo Tyrrell en , despois patrocinou a Alfa Romeo en e e, finalmente a Toleman en 1985. Toleman tivo dificultades en 1985, perdeuse as tres primeiras carreiras da tempada e viuse obrigado a participar cun único coche nas seguintes seis carreiras, como resultado dunha disputa cos provedores de pneumáticos. Teo Fabi conseguiu unha pole position para Toleman no Gran Premio de Alemaña, con todo o equipo non anotou puntos durante a tempada, a escasa fiabilidade provocou que os coches Toleman viran a bandeira a cadros só dúas veces dun total de 20 entradas.
Historia miniatura|esquerda|Thierry Boutsen pilotando un Benetton no Gran Premio do Canadá de 1988. miniatura|esquerda|O derradeiro Benetton de Fórmula 1, o B201 pilotado en por Jenson Button.
O Grupo Benetton entrou na Fórmula Un como unha empresa patrocinadora de Tyrrell en , Alfa Romeo en e e, finalmente, Toleman en . Benetton Formula Ltd. formouse a finais de 1985, cando á familia Benetton adquiríu o equipo Toleman. O equipo comezou con motores BMW e logo cambiaron a Ford, Renault e finalmente a Playlife.
Flavio Briatore dirixiu o equipo desde ata . Rocco Benetton, o fillo menor de Luciano Benetton uniuse ao equipo como Xefe Executivo en e despediu a Briatore. Substituíuno o xefe de Prodrive David Richards, que só durou un ano, cando el tamén resultou despedido, debido a un desacordo coa familia Benetton sobre a estratexia de futuro. Tras a saída de Richards, Rocco Benetton dirixiu o equipo durante tres anos ata a súa venda a Renault.
O equipo Benetton é coñecido polos éxitos con Michael Schumacher, que obtivo 19 das 27 vitorias do equipo e dous campionatos de pilotos. Logo de cambiar aos motores de Renault, tamén gañou o campionato de construtores en con Schumacher e Johnny Herbert. Logo de 1995, Schumacher trasladouse a Ferrari xunto con Ross Brawn, Rory Byrne e outras 11 figuras clave das súas dúas tempadas como gañador do campionato con Benetton.
O 16 de marzo de 2000, o equipo vendeuse a Renault por 120 millóns de dólares estadounidenses. Como parte da súa reestruturación, Renault nomeou a Flavio Briatore xefe de equipo. O equipo aínda utilizaba os motores Playlife (aínda que descendentes dos motores Renault), que usaran durante os últimos dous anos. Os pilotos eran Giancarlo Fisichella e Alexander Wurz. O equipo anotou 20 puntos, así como 3 podios en en Brasil, Mónaco e Canadá.
Durante a súa última tempada no ano os pilotos, Jenson Button e Giancarlo Fisichella, atopábanse a miúdo nas dúas filas traseiras da grella. Isto atribúese en parte ao novo motor de 111-graos de ángulo amplo. Pero o desenvolvemento continuo deu a Benetton a posibilidade de deixar a Fórmula 1 puntuando, e aumentando o rendemento dos coches. Button e Fisichella, anotaron 10 puntos para o equipo, incluíndo un podio de Fisichella en Bélxica.
Controversia
miniatura| O Benetton B194 - Ford Durante a tempada , algúns equipos rivais afirmaron que Benetton atopara o xeito de violar a prohibición de axudas electrónicas imposta pola FIA, incluíndo o control de tracción e o control de arranque. Na investigación, a FIA descubriu software na "secuencia de arranque" (control de arranque) nos coches Benetton B194, e tamén unha variedade de software ilegal nos coches dos equipos rivais. A FIA non tiña probas da utilización do software, así que os equipos recibiron pouco ou ningún castigo. Non atopouse ningún software de control de tracción nos coches Benetton.
Nacionalidade
miniatura| right | Michael Schumacher pilotando un Benetton no Gran Premio do Reino Unido de 1995. Benetton gañou o Campionato de Construtores 1995 como un equipo británico
Benetton tivo licenza como equipo británico de a e licenza italiana de a . A familia Benetton fixo este cambio de nacionalidade a fin de ter un equipo de F1 do seu propio país.http://news.google.com/newspapers?nid=1309&dat=19951129&id=FWoWAAAAIBAJ&sjid=3B4EAAAAIBAJ&pg=3285,4122386 O equipo tivo base no Reino Unido todo o tempo.
Pilotos Os pilotos de Benetton foron: Gerhard Berger - acadou a primeira e a última vitorias do equipo, no Gran Premio de México de 1986 e no Gran Premio de Alemaña de 1997. Tamén anotou o primeiro podio no Gran Premio de San Marino de 1986. Berger puxo fin á súa carreira na Fórmula Un con Benetton en . Teo Fabi - logrou a primeira 'pole position' do equipo no Gran Premio de Austria de 1986. Fabi terminou a súa carreira na Fórmula Un con Benetton en . Giancarlo Fisichella - acadou a derradeira pole position do equipo no Gran Premio de Austria de 1998 e o derradeiro podio no Gran Premio de Bélxica de 2001. Alessandro Nannini - logrou a súa única vitoria na F1 no Gran Premio do Xapón de 1989 logo de que o McLaren de Ayrton Senna resultara descualificado. Foi a segunda vitoria do equipo e a primeira desde 1986. Nannini, lamentablemente terminou a súa carreira na Fórmula Un con Benetton en despois de perder o seu antebrazo dereito nun accidente de helicóptero unha semana despois do Gran Premio de España de 1990, onde terminou terceiro. Nelson Piquet - primeiro piloto excampión do mundo de pilotos que acadou por primeira vez para o equipo un dobrete no Gran Premio do Xapón de 1990 xunto a Roberto Moreno. Gañou a seguinte carreira en Australia, que foi o 500º Gran Premio do Campionato do Mundo celebrado desde . Tivo a súa última vitoria na F1 mentres pilotaba para Benetton no Gran Premio do Canadá de 1991. Piquet terminou a súa carreira na Fórmula Un con Benetton en Michael Schumacher - comezou con Benetton no Gran Premio de Italia de 1991 e gañou o título de Campión do Mundo nas tempadas e tamén axudou ao equipo a gañar o Campionato de Construtores por primeira vez en , antes de pasar a Ferrari en . Jos Verstappen - quizais o máis famoso debido ao estalido en chamas do seu Benetton durante unha parada en boxes no Gran Premio de Alemaña de 1994.http://www.focus-f1.com/Focus-F1/94verstappen.htm O lume resultante (que causou queimaduras leves na cara de Verstappen) trouxo avances na seguridade nas paradas en boxes.
Resultados completos na Fórmula Un (Chave) (resultados en letra grosa indican pole position; resultados en cursiva indicanvolta rápida) Ano Chasis Motor Pneu. Pilotos 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 Puntos Pos. Benetton B186 BMW L4 (t) BRA ESP SMR MON BEL CAN DET FRA RU GER HUN AUT ITA POR MEX AUS196º Teo Fabi 10 5 Ret Ret 7 Ret Ret Ret Ret Ret Ret Ret Ret 8 Ret 10 Gerhard Berger 6 6 3 Ret 10 Ret Ret Ret Ret 10 Ret 7 5 Ret 1 Ret Benetton B187 Ford V6 (t) BRA SMR BEL MON DET FRA RU ALE HUN AUT ITA POR ESP MEX XPN AUS285º Teo Fabi Ret Ret Ret 8 Ret 5 6 Ret Ret 3 7 4 Ret 5 Ret Ret Thierry Boutsen 5 Ret Ret Ret Ret Ret 7 Ret 4 4 5 14 Ret Ret 5 3 Benetton B188 Ford V8 BRA SMR MON MEX CAN DET FRA RU ALE HUN BEL ITA POR ESP XPN AUS393º Alessandro Nannini Ret 6 Ret 7 Ret Ret 6 3 18 Ret DSC 9 Ret 3 5 Ret Thierry Boutsen 7 4 8 8 3 3 Ret Ret 6 3 DSC 6 3 9 3 5 Benetton B188Benetton B189 Ford V8 BRA SMR MON MEX USA CAN FRA RU ALE HUN BEL ITA POR ESP XPN AUS394º Alessandro Nannini 6 3 8 4 Ret DSC Ret 3 Ret Ret 5 Ret 4 Ret 1 2 Johnny Herbert 4 11 14 15 5 NSC Emanuele Pirro 9 11 Ret 8 10 Ret Ret Ret Ret 5 Benetton B189BBenetton B190 Ford V8 USA BRA SMR MON CAN MEX FRA RU ALE HUN BEL ITA POR ESP XPN AUS713º Alessandro Nannini 11 10 3 Ret Ret 4 16 Ret 2 Ret 4 8 6 3 Roberto Moreno 2 7 Nelson Piquet 4 6 5 DSC 2 6 4 5 Ret 3 5 7 5 Ret 1 1 Benetton B190BBenetton B191 Ford V8 USA BRA SMR MON CAN MEX FRA RU ALE HUN BEL ITA POR ESP XPN AUS38.54º Roberto Moreno Ret 7 13 4 Ret 5 Ret Ret 8 8 4 Michael Schumacher 5 6 6 Ret Ret Nelson Piquet 3 5 Ret Ret 1 Ret 8 5 Ret Ret 3 6 5 11 7 4 Benetton B191BBenetton B192 Ford V8 RSA MEX BRA ESP SMR MON CAN FRA RU ALE HUN BEL ITA POR XPN AUS913º Michael Schumacher 4 3 3 2 Ret 4 2 Ret 4 3 Ret 1 3 7 Ret 2 Martin Brundle Ret Ret Ret Ret 4 5 Ret 3 3 4 5 4 2 4 3 3 Benetton B193Benetton B193B Ford V8 RSA BRA EUR SMR ESP MON CAN FRA RU ALE HUN BEL ITA POR XPN AUS723º Michael Schumacher Ret 3 Ret 2 3 Ret 2 3 2 2 Ret 2 Ret 1 Ret Ret Riccardo Patrese Ret Ret 5 Ret 4 Ret Ret 10 3 5 2 6 5 16 Ret 8 Benetton B194 Ford V8 BRA PAC SMR MON ESP CAN FRA RU ALE HUN BEL ITA POR EUR XPN AUS1032º Michael Schumacher 1 1 1 1 2 1 1 DSC Ret 1 DSC EX EX 1 2 Ret JJ Lehto Ret 7 Ret 6 9 Ret Jos Verstappen Ret Ret Ret 8 Ret 3 3 Ret 5 Ret Johnny Herbert Ret Ret Benetton B195 Renault V10 BRA ARX SMR ESP MON CAN FRA RU ALE HUN BEL ITA POR EUR PAC XPN AUS1371º Michael Schumacher 1 3 Ret 1 1 5 1 Ret 1 11 1 Ret 2 1 1 1 Ret Johnny Herbert Ret 4 7 2 4 Ret Ret 1 4 4 7 1 7 5 6 3 Ret Benetton B196 Renault V10 AUS BRA ARX EUR SMR MON ESP CAN FRA RU ALE HUN BEL ITA POR XPN683º Jean Alesi Ret 2 3 Ret 6 Ret 2 3 3 Ret 2 3 4 2 4 Ret Gerhard Berger 4 Ret Ret 9 3 Ret Ret Ret 4 2 13 Ret 6 Ret 6 4 Benetton B197 Renault V10 AUS BRA ARX SMR MON ESP CAN FRA RU ALE HUN BEL ITA AUT LUX XPN EUR673º Jean Alesi Ret 6 7 5 Ret 3 2 5 2 6 11 8 2 Ret 2 5 13 Gerhard Berger 4 2 6 Ret 9 10 1 8 6 7 10 4 8 4 Alexander Wurz Ret Ret 3 Benetton B198 Playlife V10 AUS BRA ARX SMR ESP MON CAN FRA RU AUT ALE HUN BEL ITA LUX XPN335º Giancarlo Fisichella Ret 6 7 Ret Ret 2 2 9 5 Ret 7 8 Ret 8 6 8 Alexander Wurz 7 4 4 Ret 4 Ret 4 5 4 9 11 16 Ret Ret 7 9 Benetton B199 Playlife V10 AUS BRA SMR MON ESP CAN FRA RU AUT ALE HUN BEL ITA EUR MAL XPN166º Giancarlo Fisichella 4 Ret 5 5 9 2 Ret 7 12 Ret Ret 11 Ret Ret 11 14 Alexander Wurz Ret 7 Ret 6 10 Ret Ret 10 5 7 7 14 Ret Ret 8 10 Benetton B200 Playlife V10 AUS BRA SMR RU ESP EUR MON CAN FRA AUT ALE HUN BEL ITA USA XPN MAL204º Giancarlo Fisichella 5 2 11 7 9 5 3 3 9 Ret Ret Ret Ret 11 Ret 14 9 Alexander Wurz 7 Ret 9 9 10 12 Ret 9 Ret 10 Ret 11 13 5 10 Ret 7 Benetton B201 Renault V10 AUS MAL BRA SMR ESP AUT MON CAN EUR FRA RU ALE HUN BEL ITA USA XPN107º Giancarlo Fisichella 13 Ret 6 Ret 14 Ret Ret Ret 11 11 13 4 Ret 3 10 8 17 Jenson Button 14 11 10 12 15 Ret 7 Ret 13 16 15 5 Ret Ret Ret 9 7
Notas
Véxase tamén
Pallacanestro Treviso Benetton Rugby Treviso Lista de escuderías de Fórmula 1
Ligazóns externas United Colors of Benetton
Categoría:Escuderías de Fórmula 1 do Reino Unido Categoría:Escuderías de Fórmula 1 de Italia Categoría:Escuderías campioas do mundo de Fórmula 1 Categoría:Escuderías coas que algún piloto gañou un Campionato Mundial de Fórmula 1