miniatura|dereita|Estrutura secundaria predita da secuencia de inserción da pirrolisina 1 (PYLIS 1) de arqueas. En bioloxía o elemento PYLIS ou secuencia PYLIS (do inglés pyrrolysine insertion sequence, secuencia de inserción da pirrolisina) é unha estrutura talo-bucle que aparece nalgunhas secuencias de ARNm dunhas poucas especies de procariotas (arqueas metanóxenas da familia das Methanosarcinaceae). Está ausente en eucariotas. Nas arqueas a secuencia PYLIS está situada inmediatamente despois do codón UAG en dirección ao extremo 3' do ARNm.
Propúxose que este motivo estrutural causaba que o codón de terminación UAG (ámbar), que serve normalmente para finalizar a síntese de proteínas, codificase para o aminoácido especial pirrolisina, que se incorporaría á secuencia de aminoácidos dalgúns encimas que interveñen no metabolismo do metano (monometilaminas metiltransferases) . De todos modos, parece que o esencial para este cambio de función do codón UAG é que a bacteria teña os xenes PylT e PylS que codifican un ARNt especial e unha aminoacil ARNt sintetase especial, de modo que este elemento non funcionaría exactamente igual ca o elemento parecido SECIS para a selenocisteína.Michael Rother, Joseph A. Krzycki. Selenocysteine, Pyrrolysine, and the Unique Energy Metabolism of Methanogenic Archaea. Archaea. 2010; 2010: 453642. Published online 2010 August 17. doi: 10.1155/2010/453642 PMCID: PMC2933860.
A secuencia PYLIS ten 86 nucleótidos e, aínda que contén estruturas talo-bucle, son un pouco máis complicadas ca o que se esperaba inicialmente, xa que consta de catro talos separados por tres bucles internos e acaba nun gran bucle no extremo. Este motivo está conservado na secuencia e o pregamento dos ARNm das mononometilamina metiltransferases das Methanosarcinaceae.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Pirrolisina Elemento SECIS Selenocisteína Elemento regulador en cis
Bibliografía
Categoría:Xenética