A bandeira do Salvador consiste en tres franxas horizontais iguais, azuis as extremas, representando os dous océanos que bañan Centroamérica: o Atlántico e o Pacífico; e branca a central, representando a paz.Presidencia de la República de El Salvador: Bandera Nacional A lexislación vixente distingue tres tipos en función do seu uso, a Bandeira Magna, co Escudo Nacional na franxa central para cerimonias nas que participen os tres Poderes do Estado e as festas patrias, a de edificios e oficinas públicas coa lenda Dios Unión Libertad na franxa central, e a dos desfiles, de deseño similar ó anterior. Os tamaños difiren lixeiramente entre elas, sendo as dimensións da Bandeira Magna de 3,25 metros de longo e 1,89 metros de alto, segundo o regulado pola Lei de Símbolos Patrios.LEY DE SIMBOLOS PATRIOS . Centro de Documentación Judicial de la Corte Suprema de Justicia de El Salvador. O deseño baséase na bandeira das Provincias Unidas do Centro de América, concibida por Manuel José Arce, quen á súa vez se inspirou na bandeira das Provincias Unidas do Río da Prata, actual Arxentina.Las banderas centroamericanas Diario La Nación de Argentina

Outras bandeiras

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Bandeira do Salvador en Flags of the World

Categoría:Símbolos do Salvador Salvador, O Salvador, O