A Campaña galega de 1384 foi unha campaña naval portuguesa comandada polo nobre castelán Don Pedro de Trastámara, ás ordes do rei Xoán I de Portugal, no marco da crise 1383-1385.
Mentres o rei Xoán I de Castela decidía atacar Lisboa, os portugueses fixeron unha serie de ataques a Galicia, conquistando as cidades de Baiona, A Coruña e Neda, e queimando a cidade de Ferrol. Ademais os portugueses destruíron dous grandes navíos casteláns e capturaron unha galera. Os tres barcos levaban materiais para o exército castelán que asediaba Lisboa.
A frota portuguesa retirouse a Porto cando chegou á costa galega unha frota castelá comandada por Fernando Sánchez de Tovar.
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Historia militar en Galicia en 1384 Categoría:Batallas en Galicia Categoría:Batallas da Coroa de Castela Categoría:Batallas do Reino de Portugal