A bandeira de Illas Virxes Estadounidenses, un territorio ultramarino baixo dependencia estadounidense, é un pano de cor branca na que aparecen as iniciais do territorio: "V" "I" en cor azul; no centro, a aguia estadounidense representada en amarelo co escudo das barras e as estrelas dos Estados Unidos; na súa gadoupa dereita sostén unha póla de loureiro e na esquerda terma de tres frechas azuis.

Véxase tamén Ligazóns externas Bandeira de Illas Virxes Estadounidenses en Flags of the World

Categoría:Bandeiras dos Estados Unidos de América Categoría:Bandeiras con animais