Mariano Ordóñez García, nado en Madrid o 8 de marzo de 1874 e finado na mesma cidade o 3 de xuño de 1938, foi un avogado e político español, foi ministro de Graza e Xustiza, ministro de Facenda e ministro de Mariña durante o reinado de Afonso XIII de España.
Traxectoria Fillo de Ezequiel Ordóñez González, casou coa filla de Francisco Romero Robledo. Membro del Partido Conservador, iniciou a súa carreira política nas eleccións de 1903 nas que foi elixido deputado ao Congreso polo distrito de Tui, escano que volvería obter nos sucesivos comicios electorais celebrados ata a ditadura de Primo de Rivera.
Foi ministro de Graza e Xustiza en dúas ocasións: entre o 1 de setembro de 1920 e o 13 de marzo de 1921 no goberno que presidiu Eduardo Dato, e entre o 1 de abril e o 4 de decembro de 1922 nun gabinete presidido por Sánchez Guerra. Tamén foi ministro de Facenda entre o 7 de xullo e o 14 de agosto de 1921 nun goberno Allendesalazar, e ministro de Mariña entre o 8 de marzo e o 1 de abril de 1922 no goberno Sánchez Guerra.
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados Categoría:Ministros de España Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1874 Categoría:Finados en 1938